Xulio Rodríguez elexido novo responsable local do BNG

bngTal e como era previsto Xulio Rodríguez Díaz, foi elixido como novo responsable do BNG local na asamblea celebrada na tarde deste martes, día 2, na Casa Soilidaria na que se renovaron cargos da dirección local e foi votada unha única candidatura encabezada por Xulio e como número dous a anterior responsable, Elia Rico.

Este proceso de renovación de órganos de dirección do BNG enmarcase dentro do proceso da XIV Asemblea Nacional do BNG celebrada o pasado 17 de marzo e na que se procede à renovar as estruturas da organización a todos os níveis: nacional, comarcal e local

Ademáis de Elia Rico, como número dous o novo Consello Local queda formado por Francisco de Borja González, Andrea Pardo, Alexandre García, Luisa Sánchez, Xan Rico, Antonia Martínez, Iván Rivas Rico e Mercedes Tobio, concelleiros en Ferrol e o primero portavoz municipal mentras que a segunda é a responsable comarcal do BNG,  María do Mar López, Xoán Xosé Lourenzo, Lois Sánchez, Ana Vérez, Pedro Fernández e Xoán Xosé Galdo.

Neste encontro, tamén, se analizaron as liñas de traballo que o BNG vai desenvolver a nível local nos vindeiros meses.

 

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, presidida, junto con el almirante …