Demandan máis prazas de asistidos na residencia de maiores de Caranza

residencia mayores caranzaO Comité de Empresa da Residencia de Maiores de Caranza  solicita da conselleira Beatriz Mato proceda a tomar as medidas necesarias para abrir unha nova Planta para persoas asistidas .

Os membros do comité basan a súa petición  nos seguintes feitos :

“A Residencia Mixta de Maiores de Ferrol ten na actualidade unha capacidade de 191 residentes-as dos cales 47 son asistidos e o resto válidos. O edificio consta de sete plantas máis planta baixo e soto. Unha das sete plantas está destinada a asistidos-as con 33 residentes-as valorados como tal, hai outra planta que lle da aloxamento a outros 11 internos tamén asistidos, máis unha área destinada a enfermería para coidados esporádicos para os internos que así o precisen ubicada no mesmo andar.

A ocupación real a día de hoxe é de 175 residentes-as válidos e 45 asistidos-as. Existen pois, valeiras 16 prazas máis 2 de estancia temporal.

Na actualidade, e debido ao seu proceso lóxico de envellecemento as actitudes tanto físicas coma cognitivas dos usuarios-as baremados coma válidos están a experimentar unha grande degradación cun proceso que supón que deixen de facer tarefas propias da súa vida diaria por si mesmos, coma aseo persoal, continencia urinaria ou simplemente orientación fisico espacial dentro das dependencias da Residencia. Un dato a ter en conta é que 20 dos residentes válidos precisan duchas que veñen facendo o persoal de enfermaría.

Na anterior lexislatura o goberno tiña pensado acometer una serie de obras maiores no edificio que quedaron truncadas pola actual situación económica que estamos a sufrir.

Por todo elo consideramos urxente e necesario que unha das cinco plantas actuais para válidos se transforme en planta para asistidos. Acometendo una serie de obras menores imprescindíbeis, co fin de darlle a calidade asistencial que os nosos anciáns merecen, e non causarlles o desarraigo que podería supor o traslado a outra residencia. Demanda que foi presentada ante o director do Centro, a xefatura territorial e a conselleira de Traballo e Benestar.”

 

Lea también

Miguel Tellado: “Os populares seremos responsables e útiles”

El secretario general del PP de Galicia, Miguel Tellado, acudía en la mañana del sábado …