Concentración convocada polo BNG en contra do trazado sur do aceso ferroviario do porto exterior

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol aproveitou a data marcada polo Ministerio de Fomento para a apertura das plicas presentadas à redacción do proxecto de aceso ferroviario do porto exterior de Ferrol para esixir un trazado alternativo ao escollido e para demanadar que o Ministerio de Fomento aínda non respostou ás alegacións presentadas ao Estudio Informativo (presentadas no ano 2010) nen formulou a Declaración de Impacto Ambiental que esixe este proxecto.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que o acto desenvuelto na mañá  deste venres, día 5, ao pé da enseada da Malata é para insistir en que o trazado sur, alternativa que defende Fomento e o goberno municipal do PP en Ferrol, só vai aumentar a degradación da ría e da enseada da Malata da que lembrou que tamén soporta un sector importante na cidade como é o relativo ao marisqueo.

«Desde o BNG consideramos que o trazado sur non é a alternativa adecuada para dar aceso ao porto exterior, lembramos que existen outras alternativas, recollidas no estudio informativo deste proxecto, que non terían o impacto medioambiental e económico que vai supor o trazado escollido por Fomento» dixo Iván Rivas..

Ivan Rivas, portavoz nacionalista, sinalou que «o trazado sur é unha alternativa que se escolleu unicamente por un criterio económico, que ten unha dubidosa racionalización en base ao propio estudo informativo, e que o impacto que vai ter sobre a degradación da ría e da enseada da malata non vai ser mitigado por ningunha medida correctora e menos cando a única que se contempla é unha pasarela peonil que acompañará a este trazado e ao viaducto previsto sobre a enseada».

O BNG censurou que se teña desenvolto a contratación sen ter resolto as alegacións presentadas a este proxecto por parte de administracións como o propio Concello de Ferrol, grupos políticos e por máis de 30 entidades da cidade,(ecoloxistas, veciñais, confraria de mariscadores etc.) o que demostra a total oposición social que existe na cidade a este trazado sur.

 

 

 

 

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …