Xornadas de presentación do proxecto «sistema integral de calidade turística en destinos»

hotel almiranteA Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, a través da Sociedade Mixta de Turismo, realiza unha presentación do proxecto SICTED -Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos- este luns, día 6, ás 9:00 e 20:00 horas no Hotel Carrís Almirante. A xornada informativa, que será levada a cabo pola xestora SICTED, volverá a repetirse nos mesmos horarios ao día seguinte.

O proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos está promovido polo Instituto de Turismo de España (TurEspaña), que elaborou tamén a metodoloxía, e pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). En toda España participan no programa SICTED 103 destinos e os distintivos das empresas adheridas son recoñecidos polos turistas.

Este programa está dirixido a empresas ou servizos turísticos de ata 30 oficios diferentes, entre eles, os comercios de natureza turística, situados en zonas turísticas e que atendan turistas, co obxectivo de mellorar a experiencia e satisfacción do turista. A iniciativa, gratuíta para as empresas e organismos participantes, é un recoñecemento ao esforzo e compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue ao establecemento fronte á competencia. Na presentación poderán inscribirse os organismo interesados, as prazas para participar como nova empresa no programa son limitadas.

Xornadas formativas

O ano pasado 26 empresas de Ferrol conseguiron os distintivos de calidade tras asistir a unhas formacións, recibir asistencia dunha consultora acreditada experta en calidade e pasar a correspondente avaliación. Ademais, estas institucións ferrolás que xa posúen o distintivo SICTED teñen prevista unha formación que versará sobre “Servizo ao Cliente” e “Lexislación turística e Lei de Protección de Datos” os mesmos días 6 e 7 ás 9:30 e 20:30 horas no Hotel Almirante. A preparación, de carácter gratuíto, será impartida polo consultor Juan Miguel Moreno Magaña, acreditado por TurEspaña.

 

 

Lea también

Aprobada en Ferrol la reparación de aceras en diversos puntos

La Junta de Gobierno Local ferrolano JGL dió luz verde al expediente de contratación de …