Alumnos de centros escolares celebran as «Letras Galegas»

alcalde- alumnos rosaliaO alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu na mañá deste martes, día 7, o programa de actividades organizadas pola Concellería de Educación con motivo das Letras Galegas, e que consistiu na proxección do audiovisual titulado “Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño” na capela do Centro Cultural Torrente Ballester. O primeiro edil da cidade estivo acompañado pola edil Susana Martínez Galdós; a estudosa da obra do homenaxeado, Montse Pena Presas; e Carmen Vidal Bolaño.

Na xornada, dividida en dúas sesións matinais, o alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria Obrigatoria (EPO) puido gozar dunha proxección de audiovisual sobre Vidal Bolaño pertencente a Gonzalo Enríquez Veloso, ademais contaron coa intervención de Montse Pena autora de “Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño”. Así, os actos tamén contaron coa participación de Carmen Vidal Bolaño.

Ademais, os participantes de todos os centros educativos recibiron un exemplar da obra “Un chapeu negro e un nariz de pallaso” de Roberto Vidal Bolaño. A proposta educativa enmarcase dentro dos Programas Educativos realizados polo Concello de Ferrol.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …