O grupo municipal do PSOE dí que o goberno local ten pechada a oficina de turismo

oficina-turismo-de-ferrol-_-magdalena_347926O Grupo Municipal Socialista, a través da súa voceira Natividad González Laso, referiu na Comisión de Cultura, Educación e Turismo celebrada este venres, día 10,  as dificultades que está a supoñer para os veciños e veciñas de Ferrol e tamén para as persoas que visitan a cidade o feito de que o Goberno local teña pechado na cidade a oficina de turismo que estaba dispoñible para dar cumprimento ao servizo público de información na materia.

Segundo os socialistas o peche da devandita oficina é a imaxe gráfica do abandono do sector estrátexico do turismo a que o goberno local ten sometida a cidade, e non se entende que unha oficina que polas súas características debe ter unha centralidade e unha visibilidade, sendo un centro de referencia de fácil localización e accesibilidade e cun horario axeitado.

Os socialistas denuncian que o goberno ten decidido xustamente o contrario, escondéndo o devandito servizo no edificio do Concello e limitando o seu horario de oito a tres, de luns a venres, co que sen dúbida non pode dar o servizo que a caracteriza, facéndoa inoperante para a súa actividade. Asimesmo os socialistas confian en que o cambio de responsable ao fronte da Concelleria de Turismo mellore a situación de abandono nesta materia.

O Grupo Municipal Socialista quere lembrar que xa alertou deste tema facendo unha enmenda aos orzamentos do ano 2013, na que propoñía se habilitase un dos espazos existentes na Praza de España, que se atopan valeiros, para a finalidade de oficina de turismo pola importancia que ten como motor de dinamización económica e polo de atracción de diversas actividades económicas.

Os Socialistas denuncian que a oficina de turismo é inoperante e está a actuar actualmente como mero intermediario, xestionando a axenda de empresas privadas, e non como un auténtico servizo municipal de información público que debería  atender tanto a veciños e veciñas como ás persoas foráneas que queren coñecer a cidade.

Os socialistas destacan a importancia de dispoñer dunha oficina de turismo verdadeira que permita o impulso deste sector estrátexico, e así a voceira Natividad Glez. Laso propuxo ao Goberno que se coordinen as tarefas que se desenvolven no ámbeto educativo, cultural e turístico para favorecer o uso do devandito servizo público aos colexios e outros colectivos pola necesidade de dar a coñecer a cidade, as súas bondades e características, e mellorar a conciencia da mesma, fomentando a autoestima como cidade e estimulando a conciencia de seu como ferroláns e ferrolás.

 

 

 

 

 

 

I

 

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …