O grupo «Os Cempés» presentan o seu último traballo discográfico

os cempesO grupo Os Cempés presenta este xoves, día 16, o seu último traballo discográfico “Tentemozo” na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester. O concerto dará comezo ás 21:00 horas e enmarcase dentro do ciclo “As Noites en Capela”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.

A mítica agrupación ferrolá conta cunha nova formación, na que continúan Serxio Ces, Óscar Fernández e Antón Varela; e aos que se lles unen Pablo da Lama, Fernando Barroso e Ramón Dopico. Este sexteto de música tradicional volta ás súas raíces populares con pasodobres e instrumentos tradicionais, destacando o son de metais e orquestrais. O seu novo disco “Tentemozo” é música da terra para comezar unha revolución, para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensación de tempos pasados ou como banda sonora dos presentes, que volverán ser no futuro, lembranzas.

 

 

 

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …