O alcalde supervisa as obras de mellora e mantenemento en Mandiá

alcalde- mandiáO alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, desprazouse este xoves, día 16 a Mandiá para comprobar cos veciños/as as actuacións de mellora e mantemento levadas a cabo durante esta semana na parroquia polos servizos municipais e empresas que traballan para a Administración local. Unhas intervencións que planificadas dentro da primeira fase do Plan de Barrios posto en marcha polo Goberno Municipal coa finalidade de atender as demandas e deficiencias máis urxentes nos 82 metros cadrados de extensión que ten o termo municipal.

Reunión cos responsables da asociación de veciños

Rey Varela aproveitou a visita a Mandiá para manter un encontro de traballo cos responsables da Asociación de Veciños e tomar nota das tarefas que quedaron pendentes e das propostas que se irán executando na zona. Nesta xuntanza tamén asistiron, por parte do Concello de Ferrol, os concelleiros de Servizos e Medio Ambiente e de Zona Rural, Borja Carro e José Polo, respectivamente. Ademais, o rexedor municipal aproveitou o encontro para expoñer á xunta directiva veciñal o Plan Director de Saneamento e Depuración da Zona Rural de Ferrol para o ámbito de Mandiá, ao igual que fixera durante o desenvolvemento do Plan de Barrios en Covas. No caso de Mandiá, o investimento previsto para acometer o saneamento ascende a 3,5 millóns de euros, existindo un compromiso de financiamento por parte da

Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia. A proposta encargada polo executivo que preside Rey Varela á Emafesa contempla dúas saídas para o saneamento, de tal xeito que unha parte de Mandiá estará conectada coa rede da conca de Covas-Esmelle e outra a través do colector que discorrerá paralelo ao percorrido do río Sardiña.

 Saneamento do rural

Non hai mellor política medioambiental que completar o sistema de saneamento, intervención que tamén terá consecuencias positivas a nivel económico ao permitir a rexeneración da ría, da que viven ao redor de 500 familias”, manifestou Rey Varela. Así as cousas, o compromiso do Goberno de Ferrol para o ámbito rural “é adxudicar este ano todo o proceso de saneamento do rural para acabar a súa execución no vindeiro mandato”, explicou o alcalde. “Agora que por fin conseguimos completar o sistema de depuración integral da ría de Ferrol, e as primeiras vivendas do centro da cidade estarán depurando os seus vertidos o vindeiro ano, é o momento de acometer o saneamento das parroquias do rural”, insistiu Rey Varela.

Melloras en Mandiá

No que atinxe ás actuacións desenvolvidas en Mandiá durante esta última semana, Rey Varela resumiu as máis significativas:

* Roce de marxes de camiños: 3.862 metros lineais executados. Os traballos continuarán o luns.

* Iluminación: Substitución de difusores rotos e reparación de cadros.

* Emafesa: Reparación dunha tubería; diversas actuacións de mantemento preventivo e control de calidade do servizo.

* Reparación de 14 fochancas na pista da Fraga e diante do local da Asociación de Veciños.

* Lavado e baldeo da explanada do local social, marquesinas do autobús, antigo campo da festa e lavadoiros; limpeza de colectores do lixo; substitución de suxeita-colectores e limpeza e retirada de vertedoiros incontrolados en todo o barrio.

 

 

 

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …