De escolas e igrexas

Miguel AlonsoMiguel Alonso

Ultimamente o traballo e a gravación do novo disco mantéñenme un pouco afastado desta columna de opinión. Ese traballo do que falo, nos últimos tempos, virou cara actividades próximas á psicoloxía creativa e permíteme axudar e orientar a rapaces novos para que desenvolvan o potencial creativo que todos temos dentro. Moi interesante.

O caso é que esas actividades leváronme a reflexionar sobre a educación e os valores que esta transmite. Isto, asegúrollo, é máis importante do que parece para o desenvolvemento deses nenos. Vemos un claro exemplo na nova lei de educación (póñoa en minúsculas, que non merece outra cousa) que se sacou da manga o ministro Wert. Como supoño saberán, a devandita lei volve pór en primeiro plano a materia de relixión, que contará para a nota final dos alumnos, influíndo desta maneira na concesión, por exemplo, de bolsas de estudios que teñan en conta esa media o na repetición de curso académico. Nada novo baixo o sol. Era unha vella reivindicación da Conferencia Episcopal, máis preocupada en buscar adeptos nas aulas que na rúa e na parroquia.

Eu, como xa expliquei aquí outras veces, non teño nada contra a fe de cada un e dígoo completamente en serio. Respecto as crenzas de todo o mundo, mais creo firmemente que deben manterse fóra da escola. Non é tan complicado, non? A relixión, na igrexa. A ciencia, na escola. Dentro de pouco acabaremos como algúns estados de EEUU, ensinando o creacionismo como teoría alternativa á da evolución.

Ese furor católico vese tamén reflectido na nova lei do aborto que argallou Gallardón (este non era o “progre” do PP ou é que xa se curou?). Parecen empeñados en dar leccións de moral e iso os converte na dereita máis rancia de Europa. Deberiamos discutir con eles de política, de economía, desas cosas que fan para xestionar a crise, mais estamos aquí discutindo do divino e do humano e revivindo debates de fai 30 anos. O único que conseguirán con esta reforma é o aumento dos abortos clandestinos e a precarización desa práctica. Trátase, en todo caso, dunha cuestión de educación social (por certo, bastante máis importante que as clases de relixión) que non sei vai a resolver con esta lei. Como anécdota, contarlles que fai uns meses vía por Twitter a coñecidos activistas dos grupos “pro-vida” contrarios ao aborto pedindo a pena de morte para un etarra que acababa de deter a policía. Eu, cando me comparo con estas mentes prodixiosas, conclúo que debo ser “pro-morte”. E é un alivio non estar no mesmo saco que eles, non crean.

 

 

Lea también

Las cuentas del concello

Enrique Barrera Beitia El pasado lunes el pleno municipal ferrolano aprobó el presupuesto para 2024. …