A concesionaria dos traballos do campo de fútbol de Serantes ocuparase da restauración do local veciñal

guillermo evia-patrimonioA empresa que está a desenvolver as obras do campo de fútbol de Serantes asumirá a reposición ao seu estado orixinal do local social da entidade veciñal, afectado pola execución desta intervención.

Así o confirmou o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación do Concello de Ferrol, Guillermo Evia Pérez, despois de manter na  mañá deste xoves, día 30, unha xuntanza con responsables da empresa, a dirección de obra e técnicos municipais.

Ao respecto, o titular de Urbanismo apuntou que “a empresa asume a súa responsabilidade e se ocupará de repoñer o local veciñal, correndo cos custes que isto lle supoña”. De feito  a firma adxudicataria dos traballos do campo de fútbol e a dirección de obra comezaron a traballar na definición da solución a adoptar para repoñer o inmoble veciñal ao seu estado inicial.

 

 

 

 

 

 

 

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …