O BNG interésase no Congreso pola situación do convenio Defensa- Concello de Ferrol

cuartel sanchez aguilera-1A deputada do Bloque Nacionalista Galego por medio da deputada, Rosana Pérez, presentou unha pregunta parlamentar no Congreso para demandar ao Ministerio de Defensa, que é o que impide o cumprimento do convenio asinado entre o Concello de Ferrol e este Ministerio, e as causas que impiden o cumprimento no relativo à elaboración do PERI do Sánchez Aguilera.

En concreto, a deputada do BNG pide coñecer se se trata dun problema do concello ou ten algo que ver con esixencias ou indicacións do Ministerio de Defensa e cando vai entrar, de verdade, o convenio en vigor.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, lembrou que entre os edificios abandonados neste cuartel se atopan os que terían que acoller a residencia Universitaria, obrigando este retraso, a habilitar unha ubicación provisional e evidenciando a incapacidade do Goberno Local de Ferrol para resolver dun xeito satisfactorio para o concello este convenio.

Asi mesmo cómpre lembrar que Defensa está a ocupar máis do 20% dos solo urbano da cidade o que provoca nas arcas municipais unha falla de ingresos, xa que o Ministerio continua sen pagar ningún tipo de imposto nen aportar ningún tipo de compensación pola ocupación destes terreos.

É por isto que o BNG na súa iniciativa se interesa por coñecer se Defensa non cre que habería que compensar esta falla de ingresos nas arcas municipais ven a través dos orzamentos do estado ou ven a través da entrega gratuita de inmobles que a administración abandone por falta de uso. Así mesmo, preguntan se Defensa paga polo auga, alcantarillado e recollida de basura e se paga as correspondentes licencias municipais por actuacións e actividades para as que se esixen estes permisos nos inmobles afectados.

Explica Rosana Pérez que a Inspección Provincial de Traballo, por motivos de seguridade, obriga ao concello a realizar arreglos ante o mal estado do antigo acuartelamento. Estamos ante a paradoxa e sarcastica situación de que o Concello debe cargar cos gastos de reparación dunhas proiedades que, por acordo con Defensa, poden ser usadas pero que non son todavía da súa proiedade pois o Convenio non entrou en vigor. Mentres continua o deterioro e a ruina dos inmobles que conforman o acuartelamento.

Por estas razóns, a parlamentar do BNG formula ao Ministerio unha serie de demandas e preguntas: “cando se van ceder,de verdade, estas propiedades desafectadas e se é consciente Defensa de que, de seguir asi as cousas, o acuartelamento acabará nun estdo ruinoso irreversíbel, nada menos que de dez hectáreas de terreo onde se acumulan todo tipo de restos, maleza e enseres vinculados ao cuartel.

 

 

 

 

 

 

 

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …