O PSOE pide ao alcalde que convoque xunta de voceiros para abordar o pleno pendente

PSOEO Grupo Municipal Socialista, a través da súa voceira, Natividad González, pídelle ao alcalde que convoque unha xunta de voceiros, de manera urxente, para abordar o pleno pendente do mes de maio.

Certamente, xa teñen transcorridos case dez días dende a suspensión do pleno ordinario, e ninguén na corporación local coñece que ten previsto facer o alcalde ao respecto.

A voceira socialista, Natividad González, manifestou que é obriga do alcalde garantir o normal funcionamento da institución local, e pídelle que recupere o antes posible a normalidade, e que faga un esforzo para establecer canles de diálogo cos colectivos afectados, de xeito que sexa posible manter un equilibrio entre o dereito de expresión e denuncia da situación, e o normal funcionamento do concello.

Critica que, ata de agora,  non se teña dado ningún paso, nin informado aos membros da corporación sobre as actuacións que ten previsto desenvolver o goberno.

Reclámalle ao alcalde que non deixe para o último día, como xa aconteceu no mes pasado, a toma de decisións e insisten en que estas deben ser consensuadas cos demais grupos da corporación, cuestión que precisa dun tempo razoable para poder  acordar entre todos e todas a mellor solución.

Finalmente, o Grupo Municipal Socialista entende que é perfectamente factible compatibilizar o funcionamento das institucións coas lexítimas demandas e reclamacións do conxunto da cidadanía, todo elo con garantías de seguridade para tódalas persoas, unha cuestión que é unha obriga ineludible da administración local, non so na casa do Concello senón en tódalas dependencias municipais.

 

 

 

 

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …