O BNG censura ao goberno local polo ridículo canon de arrendamento do aparcadoiro da praza de Armas

aparcamiento plaza armasO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censura a decisión do goberno local de arrendar a xestión do aparcadoiro público da praza de Armas cun canon ridículo que vai significar que o concello de Ferrol perda diñeiro nunha mostra da mala xestión económica deste goberno local.

O BNG esixe do goberno local que de conta dos criterios empregados para a fixación do canón anual de arrendamento desta superficie, fixado no prego en 9.755€, o que significa que a empresa pagará menos de 900€ ao mes por xestionar este aparcadoiro público. O BNG considera que nestas condicións sería moito mellor e máis rendíbel para o concello a xestión directa, por persoal municipal, deste espazo.

Compre lembrar, ademais, que os pregos recollen, que os equipamentos e mobiliario existente no aparcadoiro son os existentes polos que a empresa so concesionaria non tería que poñer este equipamento. Así mesmo, indicar que cos prezos fixados nos pregos, con que existiran 9 persoas que contrataran un abono mensual, a empresa xa amortizaría o prezo do canon.

 

 

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …