Concertos didácticos a cargo do dúo Bellón & Maceiras

bellon_maceiraEste luns, día 17, e martes, día 18 18 terá lugar no Teatro Jofre un concerto didáctico a cargo do dúo Bellón Maceiras. A actividade, que  forma parte dos Programas Educativos Municipais 2012-2013 que ten en marcha a Administración ferrolá, desenvolverase en dúas sesións cada día, en horario de 10:00 a 12:00 horas.

A proposta está dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e nela teñen confirmada a súa participación un total de 687 nenos e nenas procedentes de seis centros escolares da cidade, que poderán gozar da seguinte programación:

 

Luns17

  • A primeira sesión que se realizará ás 10:00 horas acollerá a 200 escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Isaac Peral.
  • Ás 12:00 horas, 51 alumnos de 4º de Educación Primaria do Cruceiro de Canido e 153 nenos e nenas de 3º, 4º, 5º, e 6º do CEIP Recimil poderán gozar do concerto.

Martes 18

  • O alumnado de 5º de Primaria de centro educativo de Cruceiro de Canido, composto por 46 escolares asistirán ao  primeiro pase do día que será ás 10:00 horas, xunto a 93 nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Esteiro.
  • A segunda sesión estará ocupada por un total de 143 escolares de diferentes centros educativos, dos que 51 son de 3º de Primaria do CEIP Cruceiro de Canido, 50 de 3º e 4º do Ponzos e os 42 alumnos restantes son de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do Manuel Masdias.

 

 

Lea también

O alcalde pediu ao alumnado do colexio das Mercedarias que sexan “os mellores embaixadores” de Ferrol

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, recibiu esta mañá na capela do Torrente Ballester a …