EU califica de neglixente e partidista a política de atención social do Concello

lazos«O Consello Local de Esquerda Unida, tras unha xuntanza mantida coa dirección de Lazos Pro-Solidariedade, non pode cualificar más que como neglixente e partidista a política de atención social da Concellería de Benestar Social».

Asi sinala un comunicado crítico de Esquerda Unida no que se indica que

«A Asociación Lazos Pro-Solidariedade, que recolle nos seus estatutos como obxectivos a prevención e atención a persoas con VIH, así como a exclusión social, queda fora dos programas do goberno municipal, quen unilateralmente decide que non está entre os seus obxectivos a exclusión social (cando está recollido expresamente e cando funciona como banco de alimentos e roupeiro, entre outros servizos) e recorta as partidas destinadas ao mantemento deste fin social nun 40%.

O motivo que se aduce para este brutal recorte, que segue a dinámica do goberno autonómico e central, é a falta de fondos, cando existe un remanente que se vai destinar a tapar buracos consecuencia de xestións nefastas (como o rescate de FIMO, ao estilo de Bankia) ou en obras que poidan dar titulares de prensa e fotos bonitas do alcalde cortando cintas, no canto de xerar emprego, atender ás persoas en situación de risco de exclusión social e dinamizar o tecido produtivo da cidade. Resulta un paradoxo que outras entidades eclesiásticas non teñan que someterse a ningunha creba, xa que non hai un criterio público de baremación para a concesión destas axudas, o que as converten en manipulables por intereses partidistas.

A ausencia de fondos levará ao peche a esta entidade fundamental para a comarca, a perda de varios postos de traballo e a desatención a persoas de vulnerabilidade especial. Esquerda Unida considera que as prioridades dun goberno son as persoas, non os bancos, as prazas ou os baldeos extemporáneos para o paso glorioso do noso alcalde, e un goberno que nos saiba discernir esta disxuntiva non pode máis que dimitir, e deixar paso a outras políticas centradas na supervivencia da comarca».

 

 

 

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …