«A ordenanza municipal sobre inmobles abandonados debe aplicarse con rigor» (EU)

inmuebles abandonadosO grupo municipal de Esquerda Unida entende que o Concello ten recursos legais uteis para combater as numerosas incidencias que se veñen producindo nos últimos anos en inmobles abandonados da nosacidade. Incendios, derrubes, non son só un gran perigo para os cidadáns de Ferrol senón que ademais supoñen unha merma fundamental para o patrimonio da cidade. A ordenanza municipal vixente, aprobada por unanimidade, debe aplicarse con rigor contribuíndo así a previr posibles accidentes e contribuíndo a loitar contra a especulación que en moitos casos é o fondo último do deterioro dos nosos edificios.

Esquerda Unida sinala nun comunicado  que « non pode darse por conforme coas reiteradas desculpas en forma de incapacidade para discernir cal é ou non un inmoble deshabitado á hora de gravar os citados edificios. O goberno dispón de diferentes formas de control da legalidade que ten que exercer, sen máis. Unha cidade como Ferrol, cunha merma constante de habitantes e con moitos cidadáns en situación realmente precaria, debe acometer os problemas e tomar decisións políticas que lle permitan actuar no campo da vivenda. Fiscalizar aspectos como o sinalado pode ser unha ferramenta fundamental para dinamizar a habitabilidade daqueles barrios que presentan agora unha densidade demográfica realmente pobre así como para poder obter recursos que destinar a xestionar adecuadamente o parque de vivendas sociais propiedade do Concello».

O grupo municipal de Esquerda Unida esixe ao goberno municipal a defensa do patrimonio existente na cidade. Situacións de feitos consumados como as recientemente vividas coa Fábrica de Lápices ou como a que agora nos toca afrontar co Bambú Club non deben producirse. Trátese dun edificio de propiedade privada ou pública calquera perda no catálogo de construcións singulares ou de interese en Ferrol debe considerarse como unha merma irreparable para o conxunto da cidadanía

 

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …