Compromiso por Galicia denuncia a perigosidade do bunkering na ría de Ferrol

bunkeringO dez de agosto entrou en vigor a autorización da Autoridade Portuaria de Ferrol que permitirá, o “bunkering”, que consiste en repostar directamente de barco a barco co conseguinte risco de que se produzan verquidos, unha práctica que  «podemos calificar como “marea negra silenciosa” ou “gasolineira flotante”, sinala nun comunicado CxG.

Dende Compromiso por Galicia «queremos denunciar non só a perigosidade desta práctica, senón o dobre raseiro que ten o Partido Popular, pois en Novembro de 2012, o Consello de Ministros declarou ZEC (Zona de Especial Conservación) o Estreito Oriental, quedando prohibidas unha serie de practicas que non respectaban o medio mariño, según as propias palabras da Vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría«.

«Resultan polo tanto inaceptables os argumentos da Autoridade Portuaria de Ferrol para pór en valor os supostos beneficios do bunkering, e polo tanto instamos á Xunta de Galicia a que non permita esta actividade, pois pon en perigo un Lugar de Importancia Comunitaria (Lic-Rede Natura Costa Artabra) e solicite así mesmo ao Consello de Ministros a declaración da Zona como de “Especial Conservación”

Según o Coordinador Comarcal, Álvaro Montes “ O Partido Popular xoga novamente cos recursos públicos e mesmo cos recursos naturais, para permitir o negocio das grandes empresas, neste caso Cepsa. Parece ser que a situación de precariedade e taxa de desemprego da comarca, sirve como argumento para aceptar calquera cousa e para condear novamente á Ría de Ferrol a unha actividade,(outra máis), altamente contaminante e perigosa”

«Agardamos polo tanto dende CxG, que o Partido Popular adopte a mesma medida na Ría de Ferrol que no pasado adoptou para protexer á Baía de Alxeciras do bunkering que se practicaba en Xibraltar, evitando así un inxusto dobre raseiro».

 

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …