O grupo municipal socialista critica o novo custo do servicio de axuda no fogar

psoe-logoO Grupo Municipal Socialista, a través da súa concelleira María López, denuncia » unha vez máis o gravame que suporá para as persoas usuarias o novo custo do servizo de axuda no fogar, criticando que as persoas máis dependentes teñan que pagar máis, e que proporcionalmente as persoas con maiores ingresos verán reducida a súa aportación e as de menores ingresos pagarán máis.»

 Caso real do custo no servizo de axuda no fogar

«Para a súa demostración-sinalan nun comunicado-, os e as socialistas fixeron os cálculos con dous casos reais , existentes no concello de Ferrol, que están a percibir o servizo de axuda no fogar, alertando do desproporcionado e inxusto baremo no que se fixan os custos de participación da persoa dependente no pago do servizo.

 Unha persoa con maior grado de dependencia, e unha pensión de 600€ paga ata o de agora, por 60 horas de servizo, 78 euros. Coa nova normativa que estase a tramitar pagará 141 euros. É dicir, cunha pensión mínima pagará case o dobre, e suporá que o 23,5 % dos ingresos deberá destinalos ao servizo de axuda no fogar.

 Na outra cara da moeda, a maior capacidade económica, menos peso impositivo. Así, outra persoa co mesmo grado de dependencia, e máis de 2.660€ de pensión, abona polas mesmas horas de servizo 475,80€. Coa nova ordenanza soamente 211 euros. É dicir, que coa regulación dos populares, as persoas con máis recursos económicos, pagará menos. O que supón un 8% dos seus ingresos».

 Sen incorporar melloras

A concelleira socialista lamenta  «que a proposta definitiva do goberno local sexa a mesma que a proposta inicial. “Non se han parado a pensar como regular para mellorar a proposta inicial, mentres o Grupo Municipal Socialista fixo propostas en positivo para reducir o custo do servizo de axuda no fogar para as persoas dependentes. Lamentablemente o goberno local as rexeitou”.

 Finalmente, lembran que o borrador do goberno, antes da aprobación inicial, foi mellorado gracias ás emendas do Grupo Municipal Socialista, conseguindo que o goberno local rectificase parcialmente o custo do servizo, que pagarán as persoas en libre concorrencia, é dicir, aquelas persoas que aínda non teñen recoñecida e valorada a súa situación de dependencia. Aínda así, ese custo pódese rebaixar de novo, feito que o goberno popular rexeitou.»

 

 

 

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …