O BNG considera necesario apostar por un modelo de saneamento substentabel

saneamiento-4O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol logo de asistir  ao acto sobre o sistema de saneamento que se esta a desenvolver en Ferrol considera necesario apostar por un modelo de saneamento que sexa substentable dende un punto de vista ambiental que permita a progresiva implementación de procesos de reciclaxe de augas pluviais e asúa separación das fecais, a reducción de emisións de augas residuais á ría de Ferrol e unha maior substentabilidade económica.

«Así mesmo– sinalan nun comunicado- desde o BNG queremos, ademáis, reiterar o noso rexeitamento ao convenio asinado co Ministerio de Fomento a través da empresa ACUAES para o saneamento do marxe dereito da ría de Ferrol por resultar altamente gravoso para esta cidade, ao non abarcar o saneamento integral da Ría por non incluir o colector xeral e por hipotecar aos veciños e veciñas deste concello durante máis de 45 mediante tarifas fixas para a execución da obra e tarifas variables para o seu mantemento que poden chegar a triplicar o coste actual e que até o de agora se descoñece o seu importe.

 Para o BNG non é de recibo que o Estado non poña un só euro na execución dunha infraestrutura declarada de interés xeral e que teñamos que ser os veciños de Ferrol e Narón os que fagamos frente a parte destas obras e teñamos que pagar máis de 700.000 euros ao Estado.»

 Sin capacidad de decidir

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que «pese a ter que asumir o coste da infraestrutura e do seu mantemento os veciños e veciñas desta cidade non teñamos capacidade para decidir e mudar o seu deseño tendo en conta as implicacións e afeccións que ten para o territorio e a cidade, tal como estamos a ver respecto da ubicación dos tanques de tormentas.

 Desde o BNG consideramos que os veciños e veciñas da cidade non deberían costear esta infraestrutura declarada de interés xeral nin o seu mantemento.»

 Iván Rivas, demandou «un modelo de saneamento acorde coa nosa realidade e sustentabel, e non o proposto que vai a multiplicar os costes para o seu mantemento, non contempla o saneamento integral da ría e que non inclúe nin a separación entre augas fecais e pluviais, e incidiu en que o Concello debería ter capacidade para decidir e mudar o seu deseño concreto tendo en conta as implicacións e afeccións que ten para o territorio e a cidade».

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …