O BNG pide ao alcalde que reciba aos veciños de Illa Herbosa, Fontemoura e Rio Xuvia

BNG-illa herbosaO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pide ao alcalde da cidade que reciba e manteña un encontro cunha representación dos veciños e veciñas das rúas Herbosa, Fontemoura e Río Xubia que levan meses reclamando unha solución urxente ante o lamentábel estado urbanísitico que presentan estas rúas.

O BNG lembra que esta solicitude de reunión é un dos acordos tomados polos veciños e veciñas desta zona na concentración celebrada o pasado sábado e ten como obxectivo trasladarlle directamente ao alcalde de Ferrol a demanda unánime dos veciños e veciñas da zona para que o goberno local de unha solución urxente e definitiva a este problema que sofren a diario e que se prolonga, sen fin, no tempo.

Ivan Rivas, destacou que as protestas veciñais xorden porque estamos perante un goberno municipal que desenvolveu un suposto plan de barrios que non tiña máis fin que uns fins propagandísticos que paralizou o propio proceso participativo dos veciños e veciñas e que ao mesmo tempo reduciu os gastos destinados ao cumprimento de servizos básicos como poden ser o estado no que se atopan estas rúas.

No escrito rexistrado polo BNG e dirixido ao alcalde da cidade se solicita que teña a ben recibir e manter un encontro cunha representación deste colectivo veciñal para que poidan darlle a coñecer as súas reivindicacións e coñecer as previsións do goberno municipal de intervención urbanística nesta zona.

 

Lea también

La Policía Local denuncia al conductor de un vehículo que dio positivo en cocaína y cannabis tras una persecución

La Policía Local de Ferrol denunció en la madrugada de ayer (noche del miércoles al …