Sestayo pide que a comisión de industria do Parlamento comprobe “in situ” a grave situación da comarca

beatriz-sestayo_560x280A deputada socialista Beatriz Sestayo solicitou este xoves, día 12, ante a Mesa da comisión de Industria da Cámara do Parlamento Galego que se organice unha visita oficial por parte deste organismo autonómico á cidade de Ferrol e a súa comarca a fin de que os deputados e deputadas, nomeadamente os do Partido Popular, podan “entender a dimensión da gravidade da situación dunha terra desolada polo desemprego e a falla de políticas activas de dinamización económica e de emprego“.

Na súa intervención de defensa de solucións para Megasa, na que esixiu unha vez máis a derrogación da Orde Ministerial discriminatoria para a empresa que podería levala ao seu peche, a parlamentaria ferrolá convidou á comisión a ver os buzos colgados das rexas dos estaleiros, as empresas en ERE ou directamente liquidadas, a situación de FIMO ou os negocios pechados. “Se cadra así, señorías, poidan darse verdadeira conta do que acontece cada vez que votan neste Parlamento“, manifestou a tamén secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Ferrol.

Nesta liña, Sestayo afirmou que “o Parlamento está para algo máis que dar titulares; está para representar á cidadanía e solucionar os seus problemas, e a política ou é útil para as persoas ou non cumpre as súas funcións”.

Finalmente, a deputada, despois de lembrar a transcendencia de Megasa para a comarca de Ferrolterra, felicitou aos traballadores e traballadoras da compañía pola súa “loita incansable por manter ose seus postos de traballo”. Sestayo solicitou un acordo que respalde aos mesmos e esixa ao Goberno a modificación da Orde Ministerial que ten a Megasa en perigo de peche. “É fundamental dar imaxe de fortaleza“, destacou.

 

 

 

Lea también

O Concello de Ferrol anuncia que aínda hai dispoñibles 62 prazas de teleasistencia a persoas maiores

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, explicou que o Concello de Ferrol atende …