O Grupo municipal socialista insta a subsanar urxentemente as deficiencias estructurais no mercado de Recimil

mercado recimilO Grupo Municipal Socialista, a través do seu concelleiro Jaime Pena, insta ao alcalde unha vez máis a que se poña en marcha un plan para a dinamización dos mercados municipais da cidade, máis aló de actuacións de promoción individuais e intermitentes, e acolléndose ás diferentes liñas de subvencións que outras administracións poñen en marcha para a mellora das prazas de abasto.

 

Mercado de Recimil

Así mesmo, piden a subsanación urxente das deficiencias estruturais que mostra o mercado municipal de Recimil, que atópase nunhas condicións inadecuadas, e que xa a Xunta de Galicia plasmou nun acta de inspección. Concretamente, a reparación destas deficiencias foron requiridas pola devandita inspección o 24/11/11 e novamente o 31/01/12, facendo o goberno local caso omiso aos requirimentos que cominaban ao goberno local a reparar un conxunto de deficiencias no Mercado de Recimil. Deficiencias, entre outras, como as numerosas pingueiras e humidades, ou a falta de ventilación, o que se traduce nunha lamentable aparencia do mercado, e nun estado estrutural moi deteriorado da instalación.

Os e as socialistas lembran que meses despois, e ante os novos requerimentos do Grupo Municipal Socialista e da Inspección da Xunta, o goberno local decidiu acometer unha obra, “non para subsanar os problemas estruturais que se detallaban no acta, senón para intentar lavar a cara facendo pequenas reparacións, que semellan pequenas chapuzas, onde o goberno local malgastou 20.000 euros que finalmente non serviron para nada. Así días despois volveron a aflorar as deficiencias do mercado municipal, ata o punto que os praceiros tiveron que recoller a auga de chuvia en pleno mercado”, lembra Jaime Pena.

Para o concelleiro socialista, outro exemplo máis da desastrosa xestión nos mercados municipais do goberno local, é o rexeitamento da proposta en positivo do Grupo Municipal Socialista, onde “instábamos ao concello a acollerse a unha liña de axudas da Xunta de Galicia, para instalar un punto de wifi gratuíto, tanto para clientes como praceros nos mercados municipais.” Aínda así, meses despois o Concello tivo que dotar deste servizo ás prazas de abasto municipais, con propios fondos do concello e, neste caso, so para usos exclusivos da Xunta de Galicia.

Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista requírelle por enésima vez ao goberno popular que afronte a súa responsabilidade como propietario das instalacións, e deixe de actuar de forma tramposa conculcando os dereitos dos seus inquilinos: as e os praceiros. “Urxe unha solución definitiva para o mercado municipal de Recimil, e urxe que o goberno local dote dun plan ás prazas de abasto municipais, para a súa promoción e mellora”, conclúe Jaime Pena.

 

 

Lea también

Este jueves, funeral de primer aniversario por el fallecimiento del ex alcalde Juan Blanco Rouco

Este jueves, día 22 a las 20.00 horas, se oficiará una misa funeral de primer …