O BNG cuestiona a decisión do goberno municipal sobre as terrazas

terrazas-fiestasO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o goberno de Rey Varela continua coa súa política de carácter formal e aparencial respecto do modelo de organización urbana da cidade, tomando decisións que afectan ao mesmo, de xeito improvisado, ao tempo que non afronta os problemas estruturais e de fondo a nivel urbanístico do concello.

O BNG cuestiona o modelo en que o goberno municipal está a decidir a ubicación das terrazas nos espazos públicos de modo discrecional ao aprobar unicamente a ordenanza fiscal e ter paralizada a ordenanza urbanística que a regula e que con esta maneira de proceder pretenda agora estendelo a definición dos espazos peonís da cidade sen ter elaborado unha planificación para todo o ámbito urbano do trafico rodado e peonil e sen sometelo ao seu debate.

Neste sentido, o BNG, acusa ao goberno municipal de non acometer un proceso planificado para definir os ámbitos peonís e os de tráfico rodado da cidade e de adoptar constantes decisións baseadas na improvisación, como as últimas adoptadas respecto da peonalización de tramos de rúas e autorizacións concedidas para a instalación de terrazas.

O BNG considera, imprescindíbel, que calquera actuación neste ámbito debería ter definido uns criterios xerais tanto para o tráfico rodado como para o peonil, como para a definición das terrazas. Neste sentido o BNG esixe ao goberno local que presente a proposta de normativa urbanística que regula a colocación de terrazas na cidade, que ten elaborada desde o mes de abril, que se retirou da orde do día do pleno ordinario do mes de maio e que reiteradamente fica fora das ordes do día das sesións plenarias sen ningún tipo de explicación.

É por isto que o BNG acusou ao goberno de Rey Varela de permanecer na constante improvisación respecto dos problemas urbanísticos da cidade, adoptando decisións discrecionais, que como estas, rematan por xerar situacións discriminatorias.

 

 

 

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …