O BNG celebra un acto reivindicativo ante o edificio de Capitanía baixo o lema «Non ao roubo de defensa»

capitania ferrolO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolverá este domingo, día 22, un acto reivindicativo baixo o lema “Non ao roubo de Defensa” para esixir a cesión gratuita das instalacións militares desafectadas e- según comunica nunha nota aos medios de información- «censurar o roubo que supón para as arcas locais o novo convenio co ministerio anunciado polo goberno local».

Esta acción terá lugar às 12 horas «diante do edificio de Capitanía (na rúa Real), un edificio infrautilizado por Defensa, igual que moitos que ten espallados pola nosa cidade e que se nega a ceder, onde se celebrará un acto político coa intervención do portavoz municipal do BNG, Iván Rivas.

Como se lembrará o BNG na valoración que fai do novo acordo co Ministerio de Defensa considera que este novo convenio vai supor un roubo as arcas municipais coa colaboración deste Goberno Municipal do partido popular que esta a actuar como testaferro do Ministerio.

Para o BNG.este acordo, igual ao existente, contempla ademáis o pago de 500.000 €, pola inclusión de dúas parcelas máis (Monteventoso e a estación radio de Mandiá), e a maiores existe unha claúsula no convenio pola que o estado vai recibir un 50% das plusvalías que se produzan  polo cambio de usos das parcelas durante un espazo de tempo de 5 anos. Ista clausula afecta directamente ao futuro da estación radio derivada dos anuncios de modificación do Plan Xeral para o cambio de usos a solo industrial que significará o pago à Defensa do 50% das plusvalias que se xeren.

Desde o BNG consideramos que estamos ante un cambio no modelo de convenio que se até agora se limitaba a cesión de aproveitamentos urbanísticos mediante a posta en mercado das propiedades do Sánchez Aguilera e do cuartel de mariñeiria, coas súas respectivas modificacións do PXOM,que se manteñen, se introduce tamén agora o pago en metálico pola cesión duns terreos que debian revertir no concello de modo gratuito».

 

 

Lea también

O BNG de Ferrol afirma que «a lingua galega está viva e que a sociedade está disposta a defendela»

O BNG de Ferrol a través dun comunicado anuncia que diferentes colectivos da cidade de …