Concentración contra o decreto que fixa os prezos dos servizos de residencia e comedor nas marítimo-pesqueiras

nautico-pesqueraOs estudantes da Escola Naútico Pesqueira de Ferrol e Bloque Nacionalista Galego van desenvolver este venres, día  27,  às 10 horas, unha concentración na Praza de Armas de Ferrol co obxectivo de esixir a retirada do Decreto 143/2013 que fixa os prezos para os servizos de residencia e comedor dos centros de formación marítimos-pesqueiros.

Esta medida de protesta, faise coincidir, coa celebración dunha reunión que se celebra à mesma hora, en Santiago, entre representantes dos alunos afectados e representantes da Consellería.

«A aplicación deste decreto resulta– según o BNG- unha tropelía ás expectativas de moitos mozos/as que comezaban o curso cunhas condicións e agora ven modificadas e que os aboca ao pago duns servizos ata agora gratuítos. Ademais con este decreto, a Consellería e Medio Rural e Mar da un paso máis na limitación de aceso do alumnado procedente de clases sociais máis castigadas pola crise impedíndolle a formación, tanto no ámbito náutico-pesqueiro como agro-forestal».

 

Lea también

El Campus de Ferrol acoge la I jornada ¡Muévete!, sobre movilidad, promovida por ASCM

El próximo viernes 22 de marzo, de 10:00 a 19:30, la Escuela Politécnica de Ingeniería …