O BNG pide a reanudación do pleno suspendido o día 26

pleno-5O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixiu na mañá deste sábado, día 5, ao alcalde da cidade, Jose Manuel Rey, que convoque de xeito imediato a reanudación do pleno ordinario do mes de setembro que decidiu suspender.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que «o goberno municipal ten a obriga de convocar e celebrar a sesión plenaria co fin de abordar os temas incluidos na orde do día, entre eles a problemática dos veciños e veciñas de San Xoán que esixen a urbanización urxente das rúas: Herbosa, Fontemoura e río Xuvia».

O BNG » entende que o goberno local esta a privar ao colectivo de veciños veciñas afectados por esta situación do seu dereito de participar na vida municipal xa que tiñan previsto intervir no pleno para defender a necesidade desta intervención».

Para o BNG  «resulta preocupante e mesmo antidemocrático que o Goberno Local non fixe unha nova data para a reanudación desta sesión co obxectivo de non ter que posicionarse sobre problemas da cidade que son da súa responsabilidade directa ou que agarde a convocar esta sesións en función de asuntos da súa interese».

O BNG «cre que o Goberno Municipal centra a súa actividade no desenvolvemento dunha unha política de carácter superficial que pretende dar unha idea de normalidade nunha cidade con acuciantes problemas nos eidos económicos e sociais e sobre os que se nega a actuar».

 

 

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …