Acto público del BNG en defensa del naval

xavier venceEl portavoz nacional del BNG, Xavier Vence, intervendrá en un acto público que si desarrollará este viernes , día 11, a partir de las 12 horas en la Plaza de Armas  en el que se demandarán soluciones políticas urgentes para evitar el desmantelamiento definitivo del sector naval, y el impacto de esta situación en la ya deteriorada economía comarcal.

En el acto también estarán presentes la diputada del BNG en el Congreso, Rosana Pérez, y el portavoz del BNG en el Parlamento Gallego, el ferrolano Francisco Jorquera; además de cargos institucionales y orgánicos de la comarca.

El BNG señala que « Con este acto, o BNG quere trasladar dun xeito directo e aberto ao conxunto da cidadanía a necesidade de superar a fase de mentira e narcotización – que levan á progresiva desmobilización da sociedade – que o PP está a levar a cabo a respecto de posíbeis “alternativas” para o sector, e situar as claves da situación actual do mesmo na falta de vontade real por considerar o naval na ría de Ferrol como estratéxico e implementar as medidas reais de dinamización do mesmo como alternativa á situación de desemprego e deterioro económico e social que sofre Ferrolterra.

Nesta clave – a das decisións políticas que cúmpren – para o BNG resulta importante e prioritario situar o debate sobre o dereito a decidir. Porque cando falamos díso na nosa comarca estamos a falar de dotarnos de instrumentos que troquen os vetos por decisións políticas que nos permitan producir. Porque tendo eses instrumentos podemos desenvolver unha política económica que se centre na economía produtiva, fronte á economía especulativa. Porque defendendo e promovendo os nosos sectores produtivos – no caso da comarca, o naval – estamos a crear emprego e benestar. Porque, en definitiva, cando falamos de soberanía estamos a falar das cousas de comer…..

Hai xustamente catro meses, máis de 50.000 persoas saian ás rúas de Ferrol para pedir compromisos reais, decisións políticas concretas para frear esta situación de emerxencia. Un exemplo de resistencia e firmeza que, logo de tres décadas, seque a topar coa intransixencia duns gobernos que priorizan a sacralización dos seus compromisos políticos e económicos coa Europa dos monopolios fronte ao dereito a producir dun pais, e ao futuro dunha comarca enteira: Ferrolterra.

Urxe abrir, pois, outro escenario de presión social e política; e nese camiño articular un movimento comarcal que defenda a capacidade de producir, o levantamento do veto e a reclamación de soberanía para situar o sector como estratéxico na economía galega e, sobre todo, comarca. E nesa liña está e estará o BNG.»

 

 

 

Lea también

Formación en Ferrol en igualdad de género y prevención de violencias machistas

Se han cubierto más del 90% de las plazas. La concejalía de Igualdad y Mujer, …