As amas de casa de Neda inauguran o programa de actividades

neda-amas de casaA Asociación de Amas de Casa de Neda inaugurará oficialmente o seu programa de actividades este mércores, día 23, coa celebración dunha misa na igrexa de Santa María, ás seis da tarde, e unha merenda posterior. Actos cos que arrancan a súa programación de actividades neste curso.

Neste senso, a asociación explica que manterá aberto o prazo para anotarse nas propostas que levarán a cabo ata o mes de xuño e que inclúen clases de pintura e decoración; bolillos e outras técnicas como bordado a man, canario, encaixe, ganchillo… Clases que se celebran cada semana no Edificio de Usos Múltiples da Toeleira.

Así, as persoas interesadas en participar poden obter máis información ou apuntarse no teléfono 650 112 524.

 

 

Lea también

La asociación parroquial San Román de Doniños-Ferrol, celebra el Magosto

La asociación parroquial San Román de Doniños celebra este sábado 11 de noviembre a las …