Festa infantil cos «Axóuxeres» no pavillón da Malata

axouxeresO Concello de Ferrol, a través da Concellería de Normalización Lingüística, colabora un ano máis no Encontro dos Axóuxeres para os máis pequenos que se celebrará este sábado, día 19, ás 18:00 horas no Salón de usos múltiples do pavillón da Malata. Esta iniciativa está promovida pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e percorrerá 24 localidades galegas de setembro a decembro.

Os Axóuxeres traen historias, música e diversión para os nenos e nenas menores de 6 anos. Todo isto, da man dunha compañía pioneira do teatro para bebés en Galicia: Caramuxo Teatro. Cada encontro, de aproximadamente 35 minutos de duración, foi creado para ofrecerlles aos menores un espazo onde gozar e abrirse ao descubrimento do mundo en galego. A obra conta historias adaptadas á xente miúda da casa, mesturadas con cancións especificamente creadas para a montaxe que implican directamente a participación do público.

 

 

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …