O BNG reclama acometer obras urxentes en Leixa e A Pega

(Santa Icia)
(Santa Icia)

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixiu na mañá  deste martes, día 22, ao goberno local que proceda a desenvolver obras urxentes de acondicionamento na zona de Leixa e A Pega.

O BNG  sinala nun comunicado que «advirte que os viais que discurren por estas zonas se atopan inzados de fochas que dificultan enormemente a circulación presentando un en moitos casos un firme irregular que provoca molestias a vehículos e peóns. Así mesmo, chama a atención o descuidado que se atopan os alrrededores do Hospital Naval que tamén padecen estas deficiencias e a propia estrada de Santa Icia.

Desde o BNG queremos convidar ao goberno de Rey Varela a que de paso que iniciou o “tour inaugural” das instalacións do “Parque Ferrol” non estaría de máis que lle prestara unha maior atención a esta zona do concello que se atopa nas inmediacións desta area comercial pero cuxas infraestruturas e viais permanecen marxinados e non entran nos planos de obras previstos polo goberno local vendo como cada día se deterioran aínda máis estas estradas».

Local social de Santa Icía

«Froito desta deixadez- continúa sinalando o BNG- pode situarse tamén o estado no que se atopa o centro social de Santa Icia nos que as pingueiras estan a causar importantes molestías na actividade que se desenvolve neste local, xa que chove en diversas estancias deste local responsabilidade directa do concello de Ferrol.

Resulta sorprendente que logo de máis dun mes no que por parte do Concello se instalasen unhas estadas para supostamente amañar estas deficiencias no tellado as obras sigan, a día de hoxe, paralizadas coas consecuentes repercusións para a actividade que se desenvolve no mesmo.»

 

 

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, presidida, junto con el almirante …