En Ferrol, «II Encontro Internacional de Cans de Rescate»

concello-cansO concelleiro de Seguridade e Mobilidade do Concello de Ferrol, Pablo Cal Martínez, presentou na mañá deste mércores, día 23, o II Encontro Internacional de Cans de Rescate que se celebrará en Ferrol os días 25, 26 e 27 de outubro. O edil ferrolán contou coa presenza do representante da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia (CA.SA.GA), Aureliano Iglesias, que recalcou que esta xuntanza permite mellorar a coordinación con Protección Civil e os Bombeiros, que tamén participarán na mesma.

24 equipos de toda Galicia

Un total de 24 equipos, formado cada un polo binomio guía-can, procedentes de Galicia e diferentes cidades de España e Portugal, daranse cita esta fin de semana no encontro. Así, os tres equipos ferroláns competirán, entre outros, con guías e cans de Madrid, da Unidade Militar de Emerxencia (UME), a comarca de O Salnés, Carballo, Lisboa, e Vizcaya. A recepción aos equipos terá lugar pasadomañá venres ás 19:00 horas no Hotel Almirante. As probas de adestramento, que consistirán no rescate de persoas nunha situación de derrube, desenvolveranse ao día seguinte e terán como escenario as instalacións do porto exterior, en horario de mañá, e a parcela do Sánchez Aguilera, pola tarde.

O concelleiro Pablo Cal destacou a importancia desta segunda edición do Encontro Internacional de Cans de Rescate para “coñecer e intercambiar experiencias, e tamén traballar na coordinación de diferentes servizos de seguridade”. Pola súa banda, o representante da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia (CA.SA.GA), Aureliano Iglesias, explicou que a xornada do domingo terán lugar diferentes adestramentos na zona de Covas.

 

 

 

Lea también

Escolares de Ferrol celebran el Día de la Educación Física en la calle

El concejal de Deportes, Ricardo Aldrey ha visitado este miércoles 17 varias plazas y espacios de …