Verdegaia reitera a ilegalidade dos desbroces no monte de San Xurxo

montes lobadiz-1Verdegaia reitera a ilegalidade dos desbroces efectuados no Monte San Xurxo (Rede Natura). e acusa á Xunta de Galicia de dar o beneplácito saltándose todos os trámites legais e regulamentarios.

Lembra que a conservación dos hábitats naturais, da flora e da fauna silvestres nos espazos que integran a Rede Natura é prioritaria sobre calquera outra pretensión.

Nun comunicado sinala que «en alusión ás declaración efectuadas polo presidente da comunidade de montes de San Xurxo , nas que manifesta que os desbroces efectuados no Monte Comunal de San Xurxo (LIC Costa Ártabra e ZEPA Costa de Ferrolterra-Valdoviño) son legais polo simple feito de contar co beneplácito da Xunta de Galicia a través dun informe emitido por un garda forestal dese organismo, Verdegaia aclara que o trámite non é tan simple, dado que ao verse afectados hábitats naturais amparados pola Rede Natura, cuxa conservación, de acordo coa lexislación europea e estatal, é prioritaria, require someter o proxecto ao trámite ordinario de información pública e de avaliación de Impacto Ambiental, como mínimo; cousa que non se fixo.

Como xa puxemos de manifesto noutro comunicado de prensa anterior, os hábitats naturais que maiormente se viron afectados polos desbroces no Monte San Xurxo son os que constituen a matogueira termófila costeira que en termos botánicos e de acordo coa lexislación ambiental denomínanse do seguinte xeito: “Queirugais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e Erica tetralix” (Cód.: 4020) e “Queirugais secos europeos” (Cód.: 4030) onde o denostado Toxo, precisamente, é un dos seus principais compoñentes. O xeito despectivo en como o Sr. Varela describe a flora afectada polos desbroces, calificándoa como simples toxos e herbas sen importancia, denota un absoluto descoñecimento de botánica ademáis dunha falta de sensibilidade cara o patrimonio natural que se está a afectar».

O mato costeiro que aquí se considera erróneamente como “maleza”, no resto de Europa valórase como hábitat fundamental a preservar. Por este motivo existe unha normativa comunitaria (Directiva 92/43/CEE do 21 de maio de “Hábitats”) e outra estatal (Lei 42/2007, do 13 de decembro do Patrimonio Natural e da Biodiversidade) de obligado cumplimento que tanto a Comunidade de Montes como a Xunta de Galicia están a vulnerar sistemáticamente. De acordo con esta lexislación, a conservación dos hábitats naturais, da flora e da fauna silvestres nos espazos que integran a Rede Natura é prioritaria sobre calquera outra pretensión.

A Xunta de Galicia, responsabel de salvagardar os espazos da Rede Natura, está a permitir todo tipo de desfeitas nos mesmos para beneficio de empresas, electorado, etc. Desde repoboacións forestais con especies foráneas como eucaliptos, chopos e piñeiros en hábitats protexidos, recheos en zonas húmidas, deixadez na erradicación de especies invasoras, exclusión da rede natura de zonas de alto valor ecolóxico, etc. Este organismo, valéndose dun simple informe do garda forestal de turno, de dubidosa imparcialidade e cuxa capacidade para avaliar o impacto ambiental dun determinado proxecto non lle compete, outorga o visto e prace a todo tipo de desfeitas pasando por alto os trámites ordinarios de información pública, avaliación de impacto ambiental, etc. Nunca o medio natural estivo tan ameazado como agora.

Por outra banda, felicitamos á comunidade de montes de San Xurxo pola acertada decisión de derrubar os galpóns existentes en Lobadiz mais, lembrámoslle que existe outro grupo de galpóns ilegais no lugar de Vila da Area (sobre os cantís), utilizados como bungalows no periodo estival, que tamén deben ser erradicados.

 

 

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …