O grupo municipal socialista pídelle ao alcalde sensibilidade para facer efectivas e reais as medidas de conciliacion familiar

niñosO Grupo Municipal Socialista, a través da concelleira María López, alégrase que, a instancias do Grupo Socialista, o goberno local modificase as bases das axudas as escolas infantís, posibilitando grazas á proposta dos socialistas, que as familias con nenos e nenas con diversidade funcional menores de 3 anos a partires de agora poderán optar ás mesmas.

Lembran que fai unha semana os e as socialistas pedían unha modificación urxente das bases para propiciar que as familias con nenos e nenas con diversidade funcional menores de 3 anos podesen ser beneficiarios das axudas.

Nun comunicado o grupo municipal do PSdG-PSOE sinala que «Ao respecto das devanditas becas, a concelleira socialista denuncia que o alcalde prometía unha partida de 100.000 euros para estas subvencións, pero a día de hoxe o gasto estimado é menor de 3.000 €, polo que ao final de ano calculan que case toda a partida quedará sen executar. A concelleira socialista critica así que o alcalde anuncia medidas de conciliación cara á galería, sen ningunha eficacia real.

Por elo, María López manifesta que se o alcalde realmente quere que estas medidas cheguen ás persoas, e ás familias debería ampliar a devandita medida para incluír ás familias con nenos e nenas menores de 3 anos – lembran que as bases recollen so aos nenos nacidos neste ano 2013, e agora menores de 3 anos con diversidade funcional- , priorizando a aquelas con menos ingresos económicos, co obxectivo de favorecer realmente a conciliación laboral e familiar. Así, unha vez máis os socialistas pídenlle ao alcalde sensibilidade para facer efectivas e reais as medidas de conciliación, entendendo que non debería haber ningún problema xa que a partida é máis de sobra.

Para concluír, lembran que esta non é a primeira mostra do alcalde vendendo fume. En políticas de benestar social, outro exemplo máis de expectativas que logo non se fan realidade é a ampliación da partida adicada ao servizo de axuda no fogar. Ao mesmo tempo o goberno local aumentou ao dobre o custo a pagar polas persoas dependentes usuarias, o que provocou unha redución do número de solicitudes para este servizo, por non poder pagalo. Por tanto, unha boa parte desta partida, unha vez máis, quedará sen executar».  

 

 

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …