Accións formativas do concello

centro-emprego

Quince persoas desempregadas participan xá no itinerario de inserción laboral “Actividades auxiliares de almacén”.

Esta acción formativa forma parte do proxecto “Ferrol, punto de emprego II”, posto en marcha polo Concello de Ferrol e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

O curso ten unha duración total de 280 horas e contempla módulos de formación específica, de práctica profesional titorizada en empresas, de formación transversal e complementaria, e de titorías individuais e de grupos durante toda a formación.

Este itinerario formativo permitirá capacitar ao alumnado para a realización de operacións auxiliares de almacén, recepción, emprazamento básico, preparación e expedición de cargas e descargas, de forma coordinada ou en equipo.

O CONCELLO OFERTA

Unha acción formativa dirixida á mocidade, cursos de formación e de búsqueda de emprego centrados nas novas tecnoloxías a través do programa “Fórmate Ferrol”.

A Concellería de Xuventude, que dirixe Verónica Casal Míguez, mantén aberto o prazo de inscrición nesta nova oferta formativa até o vindeiro xoves, día 14 de novembro.

Os interesados en participar nesta iniciativa deberán ter entre 16 e 30 anos e estar empadroados no termo municipal. As solicitudes pódense recoller e entregar no Rexistro Xeral do Concello.

O obradoiros, cun número de prazas limitado de 12 persoas por curso, se desenvolverán entre o 18 de novembro e o 29 de maio de 2014 na Casa da Xuventude en horario de mañá e tarde.

A primeira acción formativa, que ten previsto dar comezo o vindeiro 18 de novembro, será a de posicionamento en redes sociais. Así, este programa inclúe os seguintes cursos de 20 horas cada un: posicionamento en redes sociais; posicionamento SEO; iniciación á programación web; community manager; medir campañas nas redes sociais; mellores aplicacións para a empresa; como converter visitas en clientes; retoque fotográfico; fotografía dixital; xestión de proxectos dixitais; video: montaxe e edición; desenvolvemento móbil: android e multiplataforma; ferramentas de software libre; descargas na rede. Así mesmo, “Fórmate Ferrol” complétase cos obradoiros de 16 horas de duración de: web móbil; inicio ao cloud computing; e preparación do currículo vitae e da entrevista de traballo.

Para máis información, os interesados poderán consultar a páxina web municipal: www.ferrol.es ou a páxina da área de Xuventude na rede social Facebook: www.facebook.com/ferrolxuventude.

 

 

 

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …