Acto reivindicativo do BNG sobre o sector naval

ivan -6O  Bloque Nacionalista Galego de Ferrol vai desenvolver este xoves día  21 as 12:30 horas na praza de Armas, un acto reivindicativo sobre a situación do sector naval na ría de Ferrol que, ademáis servirá para dar a coñecer e inciar unha campaña sobre o posicionamento político do BNG diante da situación que atravesa o sector naval na nosa comarca e o futuro de Navantia.

Para o BNG o actual baleirado de gradas de Navantia pretende xustificar un novo plano de reestruturación: redución da capacidade de produción, redistribución desta capacidade en contra dos nosos estaleiros, redución dos cadros de persoal e deterioro das condicións salariais e de traballo. O grave deterioro experimentado especialmente polos noso estaleiros nos últimos anos (Fene, como caso exemplar) significou a eliminación da construción naval civil na comarca, así como unha importantísima perda de emprego directo e indirecto.

O BNG considera que cómpre enfrontarnos con decisión a esta nova agresión, e é por iso que pretende dar a coñecer o seu posicionamento político para enfrontar esta situación

Falará,  Iván Rivas, portavoz Municipal do BNG.

 

 

Lea también

Ferrol en Común insta a un acordo inmediato co consorcio polo servizo de incendios

Ferrol en Común considera «inadmisible que sabendo a data concreta de vencemento do actual convenio, …