O grupo municipal socialista denuncia falta de compromiso do goberno local

concello de ferrol-1O Grupo Municipal Socialista, a través do seu voceiro adxunto Jaime Pena, ven a denunciar «a falta de compromiso do goberno local e, por ende, do alcalde – máximo representante do goberno local- na resolución dos problemas da cidade. Neste senso, o concelleiro socialista lamenta que, como ven sendo habitual, o goberno local non convoca regularmente tampouco as comisións que engloban as áreas de economía, facenda, emprego, e participación cidadá, dado que “non hai asuntos de interese que tratar na devandita comisión”. Ao respecto, os e as socialistas censuran a actitude do goberno local e do alcalde, cando hai varios asuntos de calado que necesitan dunha urxente resposta por parte do goberno, tales como iniciativas de políticas de emprego, ou outras de absoluta actualidade, coma son a instalación de terrazas permanentes e a deriva da feira de mostras.»

Propostas socialistas en materia de emprego

Así, os socialistas reiteran as súas propostas en materia de emprego para o Concello de Ferrol, que presentaron en forma de emendas aos orzamentos municipais para o ano 2014,» e que o goberno local non tivo en consideración,» lamentan os socialistas.

Lembran que propuxeron unha partida de 100.000 € e 50.000 €, para políticas activas de emprego, e a creación dunha liña de axudas municipais a iniciativas locais de emprego, para proxectos xeradores de emprego e actividade económica, respectivamente. Así mesmo, propugnaron abrir outra liña de apoio, neste senso, para as cooperativas, e a posta en marcha de subvencións, dirixidas a menores de 35 años, que contemplen o pago da seguridade social durante un año, cando poñan en marcha iniciativas de autoemprego, con 30.000 e 50.000 €.

Pídenlle ao goberno local que reconsidere esta decisión, dado que o principal problema do país e de xeito moi especial da nosa cidade, é o desemprego, cunha taxa de paro do 33,3%, que xa supera á de ocupación ( 32,3%), sendo a peor taxa de Galicia.

Instalación de terrazas permanentes

Neste senso, Jaime Pena lembra que» xa fai tres meses o Grupo Socialista denunciou que mentres a comisión semanal de Facenda levaba un mes sen reunirse, o goberno municipal de forma unilateral e sorpresiva tomaba a decisión de pechar ao tráfico varios tramos de rúas no barrio da Madalena e permitir neles a instalación permanente de terrazas, sen informar nin aos membros da oposición nin ás persoas afectadas.

Para nós, como xa denunciamos, foi unha decisión unilateral do goberno local, tomada de costas aos afectados e á corporación municipal , que agora vemos confirmada.

Así, tres meses despois os comerciantes e hostaleiros, por abrumadora maioría manifestan a súa desconformidade coas medidas tomadas e non xustificadas convenientemente. Fronte a isto o goberno, nunha inxustificable e prepotente actitude, segue facendo oídos xordos ás súas demandas e ás do Grupo Municipal Socialista, ata o punto que nin sequera convocaron a comisión de hoxe martes por non haber asuntos de interese que tratar”.

«Pedímoslle, de novo, ao goberno que deixe de actuar de costas a un sector económico que é un dos que sustentan a actividade e o dinamismo no casco histórico da nosa cidade.» Consideran que “non é de recibo que nos atopemos, sorpresivamente, con decisións unilaterais, e sen ter oportunidade de opinar e ser escoitados.” “Agora xa opinaron as persoas afectadas, so falta que o goberno local escoite”.

FIMO á deriva

Trala dimisión dos membros da cámara de comercio no consello de administración, do que eran maioría, o Grupo Municipal Socialista manifesta que descoñece cal é na actualidade a situación legal en que se atopa o consorcio e nin sequera se o consello de administración está legalmente constituído ao faltar a metade máis un dos seus membros.

A este respecto, Jaime Pena urxe ao goberno local información de quen está á fronte da xestión diaria, xa que os traballadores volven a acumular 3 nóminas pendentes de pago.

Así mesmo, pregúntanse «por que se traslada a outro lugar da cidade a atracción estrela de “Lecer Nadal”, a pista de xeo, sobre a que pivota o histórico éxito da feira, deixándoa así reducida ás típicas atraccións de calquera barrio da cidade, o que nos tememos conducirá ao máis absoluto dos fracaso do evento feiral. “Non só non dotan de máis actividade ao recinto senón que desmantelan as actividades xa consolidadas, á vez que desmantelan o persoal.”

Finalmente, o edil socialista declara que “calquera destes temas por se só xustificaría a convocatoria, non xa ordinaria, senón urxente, da preceptiva comisión semanal, que na práctica o goberno local ten transformada en mensual, porque con sorte, celebra unha ao mes». Para Jaime Pena «isto é unha mostra máis do desprezo deste concelleiro e alcalde á cidadanía de Ferrol e aos representantes da corporación municipal

 

 

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …