O BNG presenta as propostas para potenciar o naval como motor económico da comarca

xavier venceO portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, participará este martes dia 17 nun acto público para presentar as propostas do BNG para potenciar o sector naval da ría, como motor para a creación de emprego e recuperación económica da comarca. O acto desenvolveráse a partir das 20 horas no Centro Cultural «Carvalho Calero» en Ferrol, e contará tamén coas intervencións da portavoz comarcal do BNG, Mercedes Tobío, e do portavoz municipal do BNG en Ferrol, Iván Rivas.

O documento que será presentado recolle un intenso traballo de recopilación e actualización de dados sobre a situación da comarca desenvolvido pola organización en varias xornadas de traballo; que comezaran o pasado mes de Outubro cun encontro comarcal no que participaran, ademáis do propio Vence, a deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, e o portavoz do BNG no parlamento galego, Francisco Jorquera. Un traballo que figura agora sintetizado nun dítico que será entregado no decurso do acto.

«O obxectivo desta iniciativa do BNG é que, fronte a evidencia duns gobernos que nunca acreditaron no naval como estratéxico, existen propostas que demostran que non só estamos perante un sector potencialmente viábel; senón que o mesmo resulta fundamentalmente para o mantemento do emprego e a recuperación da economía comarcal.

Así é que, finiquitado o tempo das falsas promesas e da intoxicación masiva que se está a facer coa realidade do naval na ría de Ferrol; cúmpre pasar a un escenario onde se concreten as decisións políticas; que pasarían fundamentalmente pola oposición a calquera tipo de nova reestruturación e amortización dos postos de traballo, a desaparición definitiva de restricións e vetos, e a creación dun Complexo Integral do Naval na Ria de Ferrol, aberto a todos os ámbitos de produción naval e con capacidade de decisión nos ámbitos da enxeñería, deseño e producción», sinala o BNG nunha nota aos medios..

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …