O BNG alerta da inmediata suspensión do transporte adaptado 065

065O BNG de Ferrolterra alerta da inmediata suspensión do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade persoal (Servizo de transporte adaptado 065), despois de coñerse que no procedemento de licitación do contrato, o pasado 13 de xaneiro o contrato fora declarado deserto, por non existir ofertas para a xestión do servizo.

A empresa ata agora encargada do servizo do transporte que garantía os desprazamentos programados (non urxentes) das persoas en situación de dependencia, discapacidade ou con problemas de mobilidade; ven de comunicarlle aos seus traballadores que o servizo será suspendido a partires do vindeiro 8 de marzo.

O BNG sinala que «A día de hoxe, lamentar que non se fixera unha comunicación aos usuarios/as do servizo así como a aquelas Entidades e Asociacións que traballan con afectados. Denunciar así pois a opacidade e falla de transparencia por parte da Xunta de Galiza nas intencións que ten ao respecto do servizo do 065.

A este tipo de comportamentos sumar tamén a nova perda de empregos nunha comarca na que contamos con máis dun 20% de tasa de desemprego; e onde o BNG na comarca ve na prestación de Servizos sociais un sector creador de empregos. Actualmente o servizo do 065 emprega a 14 persoas.

 Desde o BNG lamentamos máis unha vez as políticas do PP na Xunta de Galiza; que de maneira eufemística se denominan como de Austeridade, Racionalización e Eficacia de Xestión; que non supoñen máis que un novo recorte, precarización ou mesmo o desmantelamento de servizos dentro do ámbito social e público»

Nese sentido, á vista da situación e o proceso que atravesa o servizo, o BNG preguntará no Parlamento galego a través da deputada nacionalista e responsábel da área de Servizos socias, Carme Adán.

 

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …