Presentación escola de altletismo Paula Mayobre

paula-mayobre

O Concello de Ares, a través da área de Deportes, colabora, xunto co de Mugardos, na posta en marcha da Escola de Atletismo “Paula Mayobre”, unha iniciativa que nace co obxectivo de dar a coñecer este deporte nas súas diferentes modalidades, ademais de concienciar, asesorar e apoiar a todas as persoas que desexen coñecer o atletismo ou formarse nel dun xeito máis “profesional”. Na mañá de onte día 23, a propia promotora, a corredora de élite Paula Mayobre, presentaba a escola nunha rolda de prensa na que tamén estiveron presentes o primeiro tenente de alcalde aresán, Eugenio Fernández Lago, e o concelleiro da área, José Juan Vilar, así como os técnicos de deportes dos municipios de Ares e Mugardos.

A escola, que terá como punto de encontro o pavillón municipal aresán, formaranse tres grupos: o de nenos e nenas de 6 a 9 anos -posto que teñen unhas cualidades físicas moi similares-; outro de 10 a 14, e un terceiro grupo de 15 en adiante. Levaranse a cabo diferentes actividades e, se ben o obxectivo fundamental vai ser a carreira a pe, tamén se ensinarán modalidades como salto de altura, lonxitude, ou lanzamento de peso e de disco, entre outras.

Así, as persoas interesadas poderán apuntarse no propio pavillón municipal de Ares, no seu horario habitual de apertura, ou no correo electrónico escuelapaulamayobre@gmail.com.

Os prezos son de 18 euros por persoa para os nenos e nenas de ata 14 anos (dúas horas por semana) e de 20 para adultos (tres horas á semana). A corredora engadiu, a este respecto, que as persoas adultas que a maiores deste días desexen un plan de adestramento semanal, con asesoramento individualizado ao longo de toda a semana, pagarán 35 euros.

 

 

 

Lea también

O Club Kang competiu na 6ª Edición Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Este sábado o Club Kang, clubes de taekwondo e Kickboxing, con sede en Fene e …