O BNG solicita que os bens de Defensa relacionados co patrimonio permanezan en titularidade pública

instalacion-militar

As deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez Fernández e Olaia Pérez Davila, veñen de tramitar unha proposta  para a modificación da Lei 28/1984, de 31 de Xullo – na que se creaba a Xerencia de Infraestruturas da Defensa – que regulaba a actividade inmobiliaria con relacion ás instalacións e propiedades desafectadas deste Ministerio.

Na proposta do BNG perséguese que os bens desafectados que forman parte do patrimonio adscrito ao Ministerio de Defensa e que teñen unha singularidade polo feito de formar parte do patrimonio cultural, histórico-artístico ou natural; pasen a ter un rexime específico que asegure a súa permanencia en mans das administracións públicas, evitando – como xa ten acontecido na nosa comarca – o seu pase a mans privadas. Trataríase, en definitiva, de articular un traspaso ordenado a outras administracións públicas onde se ubican eses bens; co obxecto de que poidesen acometer proxectos de recuperación, restauración e valorización dos usos públicos.

Hai que lembrar aquí que a nosa comarca está especialmente afectada por esta situación, xa que nos concellos de Ferrol, Ares, Narón, Valdoviño, Mugardos e Mañón existen instalacións e infraestruturas que actualmente non teñen actividade algunha relacionada coa defensa; e que mesmo teñen sido oferecidas en subasta pública a particulares, utilizando criterios exclusivamente especulativos.

Coa mesma reivindicación de modificación da Lei da Xerencia de Infraestruturas de Defensa, o BNG vai trasladar aos concellos afectados as correspondentes mocións; tentando paralizar os procesos de venda dalgunhas das instalacións e infraestruturas – que é , en realidae, a privatización de bens públicos – e un proceso de traspaso ás administracións públicas para a súa posta recuperación e valorización.

 

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …