O BNG de Ares denuncia discriminación ao estudantado aresán e incumprimiento de acordos plenarios

bng-logoO Concello de Ares vén de anunciar a habilitación  dunha bolsa de axudas para o transporte do alumnado empadroado neste municipio que curse os seus estudos de Bacharelato no IES Mugardos. Unha medida que demostra, segundo o portavoz municipal Emilio Mesías, “o  descoñecemento que ten o grupo de goberno da realidade educativa dos rapaces e rapazas do noso Concello”.

Mesías lembra que “no pleno ordinario do mes de Outubro, presentamos dende o BNG unha moción (adxunta) para crear unhas bolsas de axuda ao estudantado aresán. O goberno do PSOE-NAL, lonxe de cumprir dita moción presentada por nós e aprobada por unanimidade, incurre nunha discriminación que non aceptamos e esiximos a súa reparación

O portavoz nacionalista preguntouse se “¿…descoñece o goberno municipal que que hai rapazas e rapaces que estudan Ciclos e Bacharelatos noutros centros da comarca que non son o IES de Mugardos? Porque supomos que un mozo ou moza que estuda Hostalería en Pontedeume, ou un dos diferentes ciclos que se imparten en Barallobre, Ferrol…, ou mesmo Bacharelato noutros centros da Comarca, tamén deben ter as mesmas oportunidades que os estudantes do IES Mugardos de poder acollerse a estas bolsas para o pago de transporte…”.

O BNG rexeita tamén a contía e a filosofía da bolsa que anunciou o equipo de goberno “ que nen respecta o acordo plenario e semella non ter máis obxectivo que tentar quitar a foto”

 

 

 

Lea también

Xavier Alcalá e Manel Cráneo presentan en Ares a novela gráfica ‘Cinza’

O salón de actos da Alianza Aresana acolle o venres 19 de abril, ás 19:30 …