EU pide maior atención para Acuaciencia, no parque municipal

acuaciencia-11O grupo municipal de Eu preocúpase pola situación na que se encontra  Acuaciencia, no parque municipal «Raiña Sofía. Nun comunicado sinalan que «Numerosas unidades didácticas pechadas ao público, pasarelas de madeira levantadas e deterioración noutros elementos comúns é a realidade que nos presenta Aquaciencia. Unha situación que contrasta duramente cos plans presentados polo PP para o recén remodelado Parque Municipal e que é constatable cun simple paseo polo lugar.

 Esquerda Unida entende como fundamental o mantemento axeitado dunhas instalacións firmemente afianzadas na armazón escolar da bisbarra. Aquaciencia conforma coa Aula de Ecoloxía Urbana que agora pretende desprazar (sen destino coñecido) o equipo de goberno de Rey Varela un conxunto envexable, destino de numerosas actividades de colexios, asociacións e particulares.

 O manifesto desleixo mostrado polo equipo municipal demóstrase no feito de non cubrir a praza de persoal de mantemento que xa leva varios meses vacante. Esquerda Unida sinala esta situación como especialmente preocupante tendo en conta as novas características do Parque, máis aberto e polo tanto máis exposto a posibles incidentes. É evidente que un abandono prolongado xera un grao de degradación que resulta logo moito máis custoso de resolver.

 O noso grupo municipal non entende a actitude desgañada cara a este elemento didáctico centrado na auga.Aquaciencia é sen dúbida un elemento singular, importante reclamo para dinamizar o referido parque. Cuestión que presenta como fundamental o Concello para completar a actuación que tivo lugar.

O concelleiro Suso Basterrechea entende como especialmente axustado ao espírito do Urban, plan financiador das obras, o aquí comentado. Potenciar os espazos da nosa cidade, contribuír a conseguir un maior dinamismo social non consiste, como parece entender o PP, en priorizar os intereses económicos privados duns poucos. Unha xestión intelixente entendería a oportunidade que se nos presenta coa remodelación para potenciar un conxunto certamente envexable. Unha sociedade avanzada coloca sempre a educación, a formación en valores por diante de calquera outra circunstancia.»

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …