Proceso de primarias de Compromiso por Galicia en Ferrol

Teba Conde, Álvaro Montes (Coord. Comarcal), Paulo Carlos López, Xosé Mosquera
Teba Conde, Álvaro Montes (Coord. Comarcal), Paulo Carlos López, Xosé Mosquera

Compromiso por Galicia levou a cabo onte en Ferrol a súa xornada de primarias abertas á cidadania, para escoller á persoa cabeza de lista da formación para as eleccións ao Parlamento Europeo

Destacar que o proceso é aberto, non únicamente aos afiliados e simpatizantes de Compromiso por Galicia, senón que de feito novidoso, abre a porta á participación a calquera persoa interesada no proceso, nunha tentativa clara de achegar a política e os partidos á cidadanía

Os candidatos ademáis participaron nun debate aberto con todas aquelas persoas presentes no Salón do Hotel Silva e destacaron os acordos programáticos de Compromiso por Galicia con esta Comarca: Aposta pola construcción civil e militar do naval da Ría de Ferrol, dique flotante, centro de reparacións, Potenciación do sistema portuario e das súas infraestructuras básicas, aposta pola xestión dos recursos enerxéticos propios e outras cuestión como a pesca ou o sector forestal.

Os participantes elixiron entre catro candidatos:

  • Teba Conde, da agrupación local de CxG en Teo destacou “debemos facer unha aposta pola capacidade productiva de Galicia e non por unha involución cara as condicións do século pasado”.
  • Paulo Carlos López, ex secretario xeral das xuventudes de CxG; afirmou: “En europa existen alternativas á política de austeridade, cómpre unha aposta polo crecimiento».
  • Xosé Mosquera, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Vigo: apostou “por un reforzamento das políticas de cohesión e por unha Europa que poña freo aos grandes poderes financieros”.
  • Pablo Penedo, coruñés e non afiliado á organización, puxo en valor o propio proceso de primarias “Compromiso por Galicia aposta pola creación de espazos directos de participación, achegando a toma de decisión á xente”.

 

 

 

 

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …