As Xuventudes Socialistas en defensa do medio ambiente

xuventudes socialistas ferrolAs Xuventudes Socialistas de Ferrol anunciaron no día de hoxe, venres 21, que unirán as súas voces coas de centos de millóns de persoas e moitísimas organizacións e Concellos de todo o mundo en defensa do medio ambiente, nesta oitava edición da “Hora do Planeta”.

A secretaria xeral de Ferrol, Ana Lamas, declarou que “esta gran iniciativa anual da Organización Ecoloxista WWF é unha mostra de que se se quere, pódense conseguir cambios reais e conquerir un futuro máis sostible.” “Pretendemos alcanzar o compromiso – continou Lamas- dun cambio global e reivindicar un novo modelo enerxético baseado nas enerxías renovables.”

Así mesmo, a moza socialista considerou que “os Concellos teñen un papel protagonista na loita contra o cambio climático, e que a acción local é imprescindible para camiñar cara a o reto do desenvolvemento sostible. “As Administracións Públicas deben ser as primeiras en apostar pola eficiencia enerxética, e deben dar exemplo nas súas actuacións contra o cambio climático”.

Proposta ao Concello

Porén, as Xuventudes Socialistas presentaron neste venres unha proposta por rexistro instando o Concello de Ferrol a que se sume tamén a esta iniciativa, apostando pola eficiencia enerxética, e comprometéndose a adoptar medidas de aforro enerxético nos edificios e instalacións municipais. Puxeron de relevo tamén que “cada ano, moitísimas cidades de todo o mundo amosan o seu apoio á devandita campaña apagando as luces dos seus principais monumentos e edificios, e queremos que Ferrol tamén faga o seu”.

Así mesmo, os mozos e mozas das XSG entenden que “dende a Administración Pública Municipal pódense e débense impulsar boas prácticas nas empresas e na poboación galega, incentivando o consumo responsable e o uso responsable da electricidade”

Lea también

Sale a licitación en Ferrol la mejora del firme de varios caminos del POS+

La plataforma de Contratación del Sector público recoge este jueves 25 la licitación del aglomerado …