Alberte Pereira muestra sus fotografías en el centro cívico de Caranza

alberte pereiraAlberte Pereira, un magnífico fotógrafo nos ofrece a partir de este lunes, día 12, hasta el 28, una exposición de sus trabajos bajo el título de «Unha mirada subxectiva do cotián» en elCentro Cívico de Caranza.

Una persona agradable, de cercanía, que no duda en responder a unas cuantas preguntas a escasas horas de la inauguración de la exposición.

Lo primero es preguntarte, por ti, Alberte, de donde eres?

Son natural de A Guarda, nacido xa fai 50 anos, e dende fai case 18 anos vivo no Rosal.

¿A qué te dedicas, es la fotografía, tu profesión?

Non, a fotografía non é a miña profesión. Gústame utilizar unha palabra portuguesa, por aquello que vivo ao lado do país veciño, para definir a miña vinculación coa fotografía: son “amador” da fotografía. Sería o equivalente a decir afeccionado, pero é unha palabra que define moito mellor esa relación, afeccionado casi é despectivo.
Traballar, traballo na administración de xustiza.

¿Como has entrado en contacto con la fotografía?

Pois foi polos anos 80 máis ou menos, coa compra dunha cámara analóxica Fujifilm, cun obxectivo 50mm. Daquela só me adicaba a fotografar nas miñas viaxes, ou o patrimonio da zona e non revelaba eu, co cal era moi caro. Despois, andei fedellando con algunha compacta.
Pero realmente, cando me involucro máis no mundo da fotografía foi hai uns dous anos, coa adquisición dunha reflex dixital.

alberte pereira-2Traes tu exposición “Unha mirada subxectiva do cotián”, a Ferrol , ¿qué vamos a ver en estas imágenes?

Basicamente imaxes da vida cotidiana das persoas no seu andar pola vida. Obviamente, vistas desde a miña perspectiva, desde o meu xeito de mirar, que como o propio título da exposición di, é subxectiva.
Pertencen a xentes de vilas e cidades da Galiza, Portugal, República Checa, Alemaña, Madrid e Hungría e foron tomadas durante os dous últimos anos
Seica se chama fotografía de rúa, tamén coñecida como “street photography”, e todas son en branco e negro.

¿Cómo te has decidido por el blanco y negro?

A verdade é que sempre me gustou o branco e negro, xa antes de eu facer fotos. Gustábame velas fotos en monocromo.
Para min o branco e negro sintetiza moito mellor a idea dunha imaxe. Permite que a xente que a observe non se distraia e se centre no esencial.

He leido que esta exposición, fue financiada por una iniciativa de crownfounding,¿ cómo fue la experiencia?

A experiencia foi moi boa, de feito, conseguín o obxectivo plantexado inicialmente, que permite que esta exposición sexa unha realidade. Non a financiei o cen por cen, pero si me permitiu realizala cunha calidade que se tivera que financiala eu, non podería. Levei gratas sorpresas de persoas que apoiaron o proxecto sen coñecerme persoalmente de nada Só coñecían os meus traballos a través das redes sociais ou do flickr.

¿En que otros proyectos estas inmerso, en estos momentos?

Bon, ademais de estar participando na 1ª exposición colectiva Galiza b/n, ándame rondando na cabeza algún proxecto persoal, pero aínda teño que maduralo moito para poder facelo público. Tamén, outro en común cun amigo, máis conceptual, pero que tamén lle falta.

Desde Galicia Ártabra, éxitos y a seguir trabajando en esa hermosa «profesión» de la fotografía que es testigo real de nuestra historia.

Lea también

Xavier Alcalá e Manel Cráneo presentan en Ares a novela gráfica ‘Cinza’

O salón de actos da Alianza Aresana acolle o venres 19 de abril, ás 19:30 …