Os socialistas fixeron campaña electoral no Inferniño e Ultramar

15-m-psoe-16Militantes, integrantes da Executiva local e a Secretaria Xeral, Beatriz Sestayo percorreron na mañá deste venres, día 16, os barrios do Inferniño e Ultramar.

As propostas do PSOE relacionadas cun pacto europeo de progreso social, que inclúa un programa de inversións, un pacto polo emprego, un mínimo social en toda a Unión Europea para garantir un sólido Estado do Benestar e un Plan Integral contra a pobreza foron algúns dos temas das conversas máis salientables. Do mesmo modo que estivo presente a defensa dunha política agraria común (PAC) que aposte polos agricultores activos e fortalezca as medidas de intervención nos mercados de aimentos.

A Secretaria Xeral dos socialistas de Ferrol, Beatriz Sestayo afirmou: “Hai que apostar firmemente pola agricultura, a gandeiría e a pesca. Galicia non pode permitirse non loitar con dureza por ter presencia firme nas decisións que nos afectan tan directamente, nestes sectores fundamentais para o noso desenvolvemento socioeconómico. Os agricultores activos, e a xente nova que se asenta nestes sectores debe saber que o noso Partido estará, permanentemente, defendendo os seus intereses en Europa.”

Lea también

Aceptadas 4 propuestas de mejora del COAG a la ordenanza de licencias de Ferrol

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, dio cuenta este miércoles en la comisión …