Bellón Maceiras Quinteto estarán no Festival de Ortigueira

bellon-maceiras-quintetoOutra das incorporacións para o Festival de Ortigueira de este ano é a do Quinteto dos prestixiosos músicos Daniel Bellón e Diego Maceiras, coa formación Bellón Maceiras Quinteto, creado no 2007.
Daniel Bellón (gaiteiro máis laureado da historia de Galicia, avalado por máis de 40 premios no seu haber) e Diego Maceiras (compositor salientable e uns dos acordeonistas máis prestixioso do panorama galego) crean no ano 2005 o dúo BellónMaceiras coa finalidade de profundizar nunha formación pouco desenrolada no eido musical, con dous instrumentos tan representativos na nosa cultura como son a gaita e o acordeón.

Bellón e Maceiras

Os dous integrantes son músicos de recoñecido prestixio no panorama musical galego cunha larga experiencia como integrantes de grupos de renome ademáis dunha traxectoria consolidada como concertistas en solitario. En setembro de 2010 fundan a Escola de Música BellónMaceiras coa finalidade de achegar a música tanto a nenos coma adultos dende a visión de músicos profesionais e en activo, requisito imprescindible para ser mestre na escola.

No 2006, BellónMaceiras , coa colaboración de Álex Blanco , son un dos finalistas para participar no Escenario Runas 2006 do Festival de Ortigueira. Despois dunha excelente actuación rematan sendo o grupo máis votado co que gañan a participación no escenario principal do Festival de Ortigueira 2007 .

O quinteto

O quinteto BellónMaceiras nace no ano 2007 como unha evolución natural de BellónMaceiras Dúo. Esta nova formación achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical na que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias. Juan Tinaquero (músico en grupos de todo tipo: Miki Nervio & The Bluesmakers, Camerata Piu Bella); Juan Cabe (Guitarrista de «Os Cempés», «Tigres del Cañotas», banjo de Mr.Dixie Jazz Band) e Miguel Lamas (Traballou con artistas da talla de Roy Hargrove, Raimundo Amador, Pepe Bao, Javier Constenla, Pablo Bicho; bandas como Brothers in Band, M&Ns, Black Bum, Loretta Martin…) completan a formación do quinteto BellónMaceiras.

Tanto o dúo como o quinteto ofreceron concertos en sitios como Lorient, Cornouaille, Bruxelas, Xenebra, Colfiorito (Italia), Viana do Castelo, Hannover, Cuxhaven, Lausanne, Newark, Moscow, Varsovia, Argentina, así como nos escenarios de máis prestixio de toda Galicia.

Co quinteto solo lles faltaba Ortigueira, á que chegan este ano, cheos de enerxía e rodeados de músicos e bandas de primeiro nivel.

Lea también

Un vecino de Ares grave al sufrir un infarto mientras se encontraba en la playa de O Xuncal

Sobre las cinco de la tarde de este miércoles un vecino de Ares, A.M.M.V. de …