Xuventudes Socialistas de Ferrol exigen ampliar el horario de las bibliotecas públicas

En un comunicado a este medio digital, las Xuventudes Socialistas de Ferrol han hecho saber que no hay bibliotecas públicas con una cobertura adecuada para sus necesidades, considerando que los dirigentes del Gobierno Municipal, que dirige José Manuel Rey Varela, no se preocupan por la formación de los ferrolanos al no conceder un horario más amplio para la preparatoria de exámenes.

xuventudes socialistas

Os mozos e mozas socialistas esixen que na tempada de exames as bibliotecas públicas do noso Concello aumenten o seu horario, o cal consideran insuficiente: “Os mozos e mozas de Ferrol non teñen unha biblioteca pública que dea unha cobertura adecuada ás súas necesidades” “Parécenos incrible que Rey Varela non se preocupe pola formación dos ferroláns e ferrolás, nun momento tan crítico coma este”.

Na actualidade as bibliotecas públicas teñen un horario moi limitado e ademais non dan cobertura o fin de semana.

Denuncian que a demanda se suple coas bibliotecas e aulas de estudio da universidade, pero nas cales teñen preferencia os matriculados na UDC: “Habitualmente o aulario está cheo e teñen que marchar todos aqueles que non sexan universitarios da UDC, o Concello esquece ós mozos e mozas de instituto, ós opositores e ós estudantes de ensinanzas non universitarias”, “Xa é o que nos faltaba, co alto nivel de paro mozo do noso concello nin sequera temos sitios en condicións onde mellorar a nosa formación” declarou a Secretaria Xeral dos mozos socialistas de Ferrol.

A Secretaria Xeral das XSG de Ferrol, Ana Lamas, denunciou ademais a hipocrisía do Partido Popular, que alá polo 2008 esixía por medio das Novas Xeracións un horario máis amplo e agora, que moitos e moitas por mor do paro volven a estudar, non cumpren o que eles mesmos reclamaban, quedando demostrado que só lles movía conseguir votos: “é vergoñento que reclamaran unha cousa que agora, estando no goberno en maioría absoluta, nin sequera se molesten en poñer en marcha. A Rey Varela só lle interesaron os mozos mentres lle foron útiles para chegar á alcaldía”.”

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …