The Chíeftains e Milladorio no 30 Festival de Ortigueira

Festival de OrtigueiraLévalo dentro. Sínteo”.  . Con este convite directo aos folkies, presentábase este mediodía na Casa Consistorial o 30 Festival Ortigueira que se celebra do 17 ao 20 de xullo. O alcalde ortegano, Rafael Girón, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o coordinador do evento, Alberto Balboa, subliñaron o carácter excepcional desta edición, que renderá tributo á historia do certame, e contará como cabezas de cartel con dúas bandas míticas: The Chieftains e Milladoiro. Dous auténticos pesos pesados do folk internacional para unha entrega que promete.

Ortigueira ultima os preparativos do evento musical do verán en Galicia. A localidade disponse para a «toma» por parte das miles de persoas que se achegarán para gozar da mellor festa do país. Catro días nos que o espírito celta (amálgama perfecta de liberdade, xolda e convivencia intertribal en plena natureza) o invade todo.
O plan para o terceiro fin de semana de xullo- a cita atrásase para adaptarse ao calendario universitario- inclúe catro días e tres noites de música. En total, 15 concertos gratuítos, desfiles de bandas, actividades paralelas e acampada no piñeiral da praia de Morouzos. Todo de balde.

A volta de «os Xefes»

(The Chieftains)
(The Chieftains)

A programación do Escenario Alameda vén marcada pola esperadísima presenza en Ortigueira de The Chieftains, os «Embaixadores da música Irlandesa» (medio século de xiras, 6 Grammys, miles de recoñecementos). Dez anos pasaron dende o seu primeiro concerto no Festival, un auténtico acontecemento; e case o mesmo tempo levan a organización e o público demandando unha segunda visita de «os Xefes» que, por fin, se producirá.
O outro buque insignia desta «edición para o recordo», será, como non Milladoiro, pioneiro da música folk galega e directamente ligado ás primeiras edicións do Festival, onde coincidirían os seus fundadores.
Pero haberá máis: concertos únicos en España, como o da escocesa Treacherous Orchestra ou o espectáculo Fest rock, de Bagad Kemper e Red Cardell; bandas galegas que estrean traballos como a de Pepe Vaamonde ou o reforzado “Proxecto Runas”, o veterano concurso de apoio aos grupos emerxentes.

Novidades

E entre as novidades, ademais dos concursos vespertinos de gaita e de cuartetos tradicionais, e o curso de verán da USC “Industria musical en Galicia. Identidade e novas tendencias”, a recuperación- nun inequívoco aceno ás primeiras edicións- da figura do presentador, encarnado para a ocasión polo actor Carlos Blanco, que animará as noites do Escenario Alameda co seu humor irónico.
Será, en palabras de Girón, unha edición «irrepetible». Por iso sostivo que “brindará a mellor ocasión para que miles de mozos se decidan, por fin, a disfrutar da experiencia única do Festival, e para que aqueles que xa o viviron se decidan a volver”.

Aposta estratéxica

Potenciar a programación do que o secretario Xeral de Cultura definiu como «un referente mundial do folk«, reforzar servizos prioritarios para garantir a seguridade, a limpeza e a comodidade das decenas de miles de visitantes que toman o pobo, de apenas 6.500 veciños, e manter a gratuidade (a excepción do euro que haberán de aboar os que se movan entre a praia e a zona de concertos en bus urbano e o custo do aparcadoiro vixiado) foi posible grazas ao apoio de intituciones e empresas colaboradoras como Deputación da Coruña, Turismo de Galicia, AGADIC, Inaem, Gadisa e Coca Cola, e ao esforzo adicional do Concello de Ortigueira, que permitiu elevar o orzamento ata os 400.000 euros.
Trátase dunha aposta estratéxica, dado o impacto económico que ten o evento, declarado Festa de Interese Turístico Internacional, na economía do Ortegal. De feito é clave en sectores como a hostalaría, o comercio ou o transporte, e constitúe unha oportunidade única que, dende hai décadas, supón para proxectar a imaxe de Ortigueira e de Galicia en todo o mundo.

ortigueira-cartel 2014PROGRAMACIÓN

VENRES 18 DE XULLO

22:00 h- SESIÓN DE CONCERTOS
Escenario Alameda
Escola de gaitas de Ortigueira(Galicia)
Milladoiro (Galicia)
Dominic Graham School of Irish dance (Irlanda)
Moxie (Irlanda)
Ruaille Buaille (País Vasco)

10.00 h- EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA RETROSPECTIVA
Claustro Concello Ortigueira

10.00 h- EXPOSICIÓN DE CARTEIS HISTÓRICOS
Centro recepción visitantes

12.00 h- FEIRA DE ARTESANÍA
Paseo marítimo
Apertura das casetas do feiral.

12:00 h- FREE SESSIONS
Praza Isabel II

12:30 h- PASACALLES
Biblioteca- Alameda
Royal Burgh of Renfrew pipe band

13:00 h- PASACALLES
Biblioteca- Alameda
Banda gaitas Ximiela

16:00 h- CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA
Praza Isabel II

18:00 H- PASACALLES
Biblioteca- Alameda
Banda de gaitas Vila de Mieres

18:30 H- PASACALLES
Biblioteca- Alameda
Banda de Guillarei
19:00 h- PASACALLES
Biblioteca- Alameda
Bagad Kemper

20:00 h- FREE SESSIONS
Praza Isabel II

 

Bellón-Maceiras quinteto
Bellón-Maceiras quinteto

SÁBADO 19 DE XULLO

22:00 h- SESIÓN DE CONCERTOS
Escenario Alameda
Bellón Maceiras Quinteto (Galicia)
The Chieftains (Irlanda)
Fest Rock (Bretaña)
Treacherous Orchestra (Escocia)
Anxo Lorenzo Band (Galicia)

10:00 h- EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA RETROSPECTIVA
Claustro Concello Ortigueira

10:00 h- EXPOSICIÓN DE CARTEIS HISTÓRICOS
Centro recepción visitantes

12:00 h- FEIRA DE ARTESANÍA
Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral.

12:00 h- PASACALLES
Biblioteca- Alameda- Feira artesanía
Cuartetos

13:00 h- PASACALLES
Biblioteca- Alameda- Feira artesanía
Banda de gaitas de Ladrido

13:30 h- PASACALLES
Biblioteca- Alameda-Feira artesanía
Banda de gaitas Vila de Mieres

14:00 h- PASACALLES
Biblioteca- Alameda-Feira artesanía
Banda de gaitas Guillarei

17:00 h- CONCURSO DE CUARTETOS
Praza Isabel II

19:00 h- PASACALLES
Biblioteca- Alameda
Banda de gaitas Ximiela

19:30 h- PASACALLES
Biblioteca- Alameda
Royal Burgh of Renfrew pie band

20:00 h- PASACALLES
Biblioteca- Alameda
Rondalla Helios de Bembrive

20:00 h- FREE SESSIONS
Praza de Isabel II

20:30 h- CONCERTO NA RÚA
Alameda
Rondalla Helios de Bembrive

21:00 h- EXHIBICIÓN DANZA IRLANDESA
Teatro de Beneficencia
Dominic Graham School of Irish dance
DOMINGO 20 DE XULLO

12.00 h.- DESFILE DE BANDAS
Saída dende PRAZA DE ISABEL II
Rondalla Helios de Bembrive
Banda de gaitas de Melide
Banda de gaitas de Ladrido
Banda de gaitas Vila de Mieres
Banda de gaitas Ximiela
Bagad Kemper
Banda de gaitas de Guillarei
Royal Burgh of Renfrew pipe band
Escola de gaitas de Ortigueira

10:00 h- EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA RETROSPECTIVA
Claustro Concello Ortigueira

10:00 h- EXPOSICIÓN CARTEIS HISTÓRICOS
Centro recepción visitantes

12:00 h- FEIRA DE ARTESANÍA
Paseo marítimo
Apertura das casetas do feiral

Lea también

O Concello cede a decoración da árbore de Nadal da Biblioteca municipal aos pequenos da cidade

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Cultura, que dirixe Antonio Golpe, pon …