O BNG demanda o arranxo urxente da pasarela peatonil que une Santa Mariña co Ensanche A

(Fot. arquivo)
(Fot. arquivo)

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol defenderá o vindeiro xoves no pleno ordinario unha moción que recolle as demandas dos veciños e veciñas de Santa Mariña instando ao goberno local a arranxar e mellorar, de modo urxente, a seguridade na pasarela peonil sobre as vías de ferrocarril que une o barrio de Santa Mariña e o Ensanche A, previo a acometer unha reforma integral da mesma.

Como se lembrará a veciñanza de Santa Mariña leva meses mobilizandose para conquerir do Goberno Municipal que arranxe esta infraestrutura, que ademais é propiedade municipal e para a que ten elaborado un proxecto, desde setembro do ano pasado, que conta co informe favorábel de ADIF para mellorar esta pasarela.

O BNG na súa proposta tamén incorpora è demanda de que o Goberno Local, en colaboración co ADIF, arranxe a zona do Loureiro e o Casquido solucionado os problemas provocados polos escorrementos de terra para a vía de Feve.

O BNG lembra que no caso do lugar dos loureiros en moitos tramos o firme comezou a ceder e mesmo existen riscos de desprendementos de terra no talude paralelo á vía do ferrocarril. O BNG quere que se proceda a consolidar esta vía mediante a prolongación do muro de contención existente e que remata, a día de hoxe, na rúa Loureiro e que chegue até a conclusión da rúa Cardosas e que estas obras se acometan de modo inmediato polo que deben concretarse as xestións e actuacións a desenvolver coordenadamente entre o Concello e ADIF.

Xa por último o BNG tamén reclama que se limpen de maleza e silvas os taludes do acceso norte en Santa Mariña.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …